Arquivo da categoría: Ensaio
A Coruña: presentacións de libros do mes de setembro promovidas pola Livraria Suévia
Noticia dunha edición non venal de Eduardo Blanco-Amor: Castelao. Notas periodísticas
Desde
o Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“Polo meu amigo Suso Díaz, atento sempre ás efemérides de voces creativas do sistema literario galego, souben que tal día coma hoxe, en 1897, nacía Eduardo Blanco-Amor. (…)
Vaia, na súa memoria, a noticia dun opúsculo curioso que non adoita aparecer na bibliografía do autor. Trátase do título Castelao, que se publicou en Ourense no ano 1970, en edición non venal: “fuera de comercio” apunta o propio Blanco-Amor neste exemplar que me agasallaron hai algún tempo e aquí comparto. A edición, probablemente se poida considerar, en parte, o precedente de Castelao escritor, que Ediciós do Castro publicaría postumamente en 1986.
Esta edición a que me refiro, subtitulada “Notas periodísticas”, compila unha serie de artigos xornalísticos que viron a luz en La Región, La Vanguardia, El Correo Gallego e La Voz de Galicia por volta do ano 1970, en galego e castelán, coa vontade de recuperar e poñer en valor, como se diría agora, a figura de Castelao aos vinte anos do seu pasamento. O prólogo co que o propio Blanco-Amor abre a compilación é acedo, afouto e un exercicio de responsabilidade -apunta-, malia empregar unha prosa confesadamente labiríntica pero coa que reclama para quen saiba ler, e no ano 1970, a vixencia da obra e do pensamento de Castelao-. (…)”
Entrevista a Antón Figueroa no Diario Cultural
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista a Antón Figueroa: “A voracidade burguesa conduce, en certo modo, a parálise do campo literario”. Pode escoitarse completa aquí.”
A Estrada: presentación de A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III, de Calros Solla
A Coruña: Os xoves da rúa Tabernas, con Antonio Reigosa, falando de Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías
Burela: actos destacados na Feira do Libro
O
sábado 29 e domingo 30 de agosto comeza a Feira do Libro de Burela, cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
Sábado 29
– 13:00 h. Presentación de Galicia Encantada. O pais das mil e unha fantasías, de Antonio Reigosa, publicado en Xerais.
– 20:15 h. Presentación de De punta a chicote. Dicionario de expresións mariñeiras e Traca-traco, de Paco Rivas, publicados por Edicións do Cumio. Participa, xunto ao autor, Alfonso Otero Regal.
Domingo 30
– 13:00 h. Presentación de O Tesouro do Monte, de Ramom Reimunde, publicado pola Academia Galega da Língua Portuguesa. Participa no acto Bernardo Penabade.
– 18:30 h. Presentación de Intensa e quente é a túa humidade azul, de Xulio Pardo de Neyra, publicada por Positivas.
Entrevista a Antonio Reigosa en La Voz de Galicia
Monforte: acto destacado da Feira do Libro no xoves 27
O
xoves 27 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:
– 20:00 h. Presentación de Viaxe desde os cantís á memoria, de Mercedes Martínez Modroño, publicado en Toxosoutos.
Foz: actos destacados da Feira do Libro do venres 21
O
venres 21 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:30 h. Presentación do libro de literatura infanto-xuvenil Tempos de norte, de Mónica Justo e Roberto Martínez.
– 20:30 h. Presentación de Nacionalismo galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975), de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, publicado por Laiovento. No acto participan, xunto ao autor, Moncho Ermida e Luís Gonçales Blasco.








