O
venres 29 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Marín (Avenida de Ourense, 6), preséntase Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939), de Xosé Álvarez Castro, publicado por Xerais. No acto, coorganizado pola Asociación de Memoria Histórica de Marín e a editra, participan, xunto ao autor, José Luis Pallín Justo e Manuel Bragado.
Arquivo da categoría: Ensaio
A Pobra do Caramiñal: presentación de Presenza dunha Ausencia, de Maurice Blanchot
A Coruña: presentación de Viaxe polo corazón de Bergantiños, de Xosé Pumar
Xulio Pardo de Neyra: “Aposto por un nacionalismo galego rigoroso, fóra do roteiro indecente que criticamos no españolismo”
Entrevista
de Marcos Pérez Pena a Xulio Pardo de Neyra en Praza:
“(…) – Praza (P): Por que Margarida a da sorrisa d’aurora é “o primeiro conto infantil galego de autor”?
– Xulio Pardo de Neyra (XPN): Aínda que eu mesmo xa expliquei que foi Risco quen, de xeito anónimo, en 1921 publica O Rei avarento, o primeiro conto infantil da nosa traxectoria cultural –eu mesmo editeino e nun volume analicei o seu tempo mercé ao Servizo de Publicacións da Universidade de Compostela— ; con efecto, Margarida a da sonrisa d’aurora é “o primeiro conto infantil galego de autor”. Publicouse por Nós en 1927 e mesmo poderiamos apuntar que é simplemente o primeiro se consideramos que nese 1921, o propio Evaristo Correa Calderón e o voceiro nacionalista en que tan ben se lle trataba, A Nosa Terra, anuncian a inminente saída do contiño A Princesa do Sorriso d’Ouro.
– P: Resultan interesantes as relacións e o interese que nese tempo esperta o galeguismo en moitas persoas próximas ás vangardas. A que cres que se debeu?
– XPN: Evidentemente, a Galiza das vangardas históricas e, especialmente, a Galiza da Época Nós que tan ben define Carlos Baliñas, é o momento auroral en que, por vez primeira, a nación se constitúe como tal entidade. Daquela, e por iso é tan importante, cando se produce a institucionalización do nacionalismo –falo da I Asemblea Nacionalista de 1918, celebrada en Lugo— , a Galiza chega á maioría de idade. Non é estraño, pois, que un fato de vangardistas, con Correa á cabeza, decidise agasallar á cultura galega coas primeiras probas da estética máis rompedora de entón. E, en boa lóxica, naqueles tempos onde a formación comezaba a se estender a máis capas dunha sociedade pechada e inzada polo levitismo máis reaccionario, chegou a xoves que, conscientes da súa pertenza a unha comunidade como a galega, se deixaron engaiolar polos ismos tan en boga naqueles anos. Evidentemente, daquela ser galeguista, ser nacionalista, podía implicar ás veces e en casos compromiso coa renovación, apertura e ilusión polo descoñecido, piares básicos no desenvolvemento de todas as persoas e os grupos. (…)”
Lugo: presentación de Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega, de Rafael Quintía
Compostela: presentación de Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira
O
xoves 21 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola libraría, a editora e a A. C. O Galo, estará presente o autor.
A Guarda: presentación de Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira
O
venres 15 de novembro, ás 20:00 horas, no local do Centro Social Fuscalho (Rúa do Paseo) da Guarda, preséntase o libro Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, publicado en Xerais.
Madrid: presentación de Cantares gallegos, hoxe, de Pilar García Negro
Betanzos: presentación de Vento e chuvia, de Manuel Gago e Manel Cráneo
O
venres 15 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo, publicado en Xerais. No mesmo acto, Manel Cráneo presentará a súa obra de banda deseñada A Torre dos Mouros publicado por Demo Editorial. Participan Antón Malde, Manuel Gago e Manel Cráneo.
Vigo: presentación das Actas do IV Congreso Manuel Luís Acuña
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“O mércores 13 de novembro, ás 19:30 horas, celebrarase na Casa do Libro da cidade de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), a presentación do libro das Actas do IV Congreso Manuel Luís Acuñaeditado hai pouco tempo polo concello da Pobra de Trives. No acto intervirán Francisco José Fernández Blanco, alcalde do devandito concello; Xoán Carlos Domínguez Alberte, coordinador e editor da publicación, Xesús Alonso Montero, participante neste volume e presidente da Real Academia Galega e o propio Ramón Nicolás.”



