Vigo: presentación de Cara unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán

O venres 27 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio do Mar de Vigo (Rúa Beiramar), preséntase o libro Cara unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, coordinado por Manuel Forcadela e Camiño Noia, publicado en Xerais. No acto participarán Mónica Bar Cendón, Iolanda Veloso, Camiño Noia, Manuel Bragado e a propia María Xosé Queizán. Crónica posterior en Faro de Vigo.

Rianxo: presentación de O sol da tristeza, de Fidel Vidal

O venres 27 de maio, ás 20:30 h., no Auditorio de Rianxo, preséntase o ensaio O sol da tristeza. A figura do pai na obra de Manuel Antonio, de Fidel Vidal, publicado en Espiral Maior. No acto, no que  se presenta tamén un novo número de A Voz de Barbantia, participan, acompañando ao autor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Axeitos, Milagros Torrado e Pedro Piñeiro.

Bertamiráns: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro

O xoves 26 de maio, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina (Travesía J. R. Azcárraga, 5) de Bertamiráns, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto acompañan ao autor Henrique Monteagudo e Xaime Subiela.

Vilaboa (Culleredo): presentación de Señardade da luz, de Miguel Mato

O mércores 25 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Uxío Novoneyra (Pazo de Vilamelania, Vilaboa, Culleredo) preséntase o libro Señardade da luz (A obra poética de Manuel María), de Miguel Mato, publicado pola A. C. Alexandre Bóveda. No acto acompañarán ao autor Carlos Pereira e Celestino Poza.

Santiago: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro

O mércores 25 de maio, ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto acompañan ao autor Antón Baamonde e Lourenzo Fernández Prieto.

Cangas: presentación de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira

O sábado 21 de maio, ás 20:00 h., na Casa do Pobo (Avenida de Bueu, 14) de Cangas, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. No acto participan Iago Santos Castroviejo, Manuel Bragado e o propio autor.

A Coruña: Unha tarde con Lois Pereiro, conferencia de Mercedes Queixas e actuación de Manu Clavijo

O venres 20 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º) da Coruña, terá lugar a conferencia Unha tarde con Lois Pereiro, na que Mercedes Queixas falará sobre a figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e presentará o seu libro Lois Pereiro, a urxencia poética dun futuro alleo, publicado en Laiovento. Despois actuará o cantautor Manu Clavijo, quen ofrecerá parte dos seus traballos sobre Lois.

Pontevedra: presentación de O ano que chimpamos o cacique. Crónica do agrarismo en Cerdedo, de Calros Solla

O xoves 19 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa da Oliva, 24) de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro O ano que chimpamos o cacique. Crónica do agrarismo en Cerdedo, de Calros Solla, publicado por Edicións Morgante. O acto está apradiñado pola Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra e, canda o autor, intervirá o escritor e investigador mindoniense Xe Freire.

A Coruña: presentación de O complemento preposicional en galego, de Xosé Manuel Sánchez Rei

O xoves Xosé Manuel Sánchez Rei19 de maio, ás 20:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro de Xosé Manuel Sánchez Rei O complemento preposicional en galego. Análise desde a gramática de valencias. Acompañará ao autor Xosé Ramón Freixeiro Mato.