Arquivo da categoría: Exposicións
A Bandeira, Silleda: Homenagem ao professor António Gil Hernández
Vigo: inauguración da mostra biobliográfica Luísa Villalta, 1957-2004. Letras Galegas 2024
Boiro: XIII Romaría das Letras no Barbanza
Lugo: Ulysses. European Odyssey 2022-2024
Carballo: inauguración da exposición Grammáticas e iluminacións, de Miguel Anxo Fernán-Vello
Torreboredo, Souto, A Estrada: “O mar en terra” 2024
Bandeira, Silleda: presentación de O pracer da chuvia, de Manuel Vázquez e exposición Vigo é rural, de José Gorís
Vigo: presentación-recital de Criptografías, de Baldo Ramos e Pepe Cáccamo
Gálix e o Concello de Pontevedra renden homenaxe a Fina Casalderrey cunha exposición
“A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil foi a encargada de elaborar para o Concello de Pontevedra unha exposición sobre a escritora Fina Casalderrey, candidata ao premio Memorial Astrid Lindgren 2024 e ao premio Hans Christian Andersen 2024, coñecido este último como o “Nobel da Literatura Infantil”. A exposición, que se colocará na Praza da Ferraría, inaugurarase o vindeiro 18 de abril, nun acto que comezará ás 12 da mañá e no que estará presente a autora. Poderá visitarse ata o 18 de maio.
A mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, leva por título Fina Casalderrey: medrando entre historias e está composta por 20 paneis que narran o seu percurso vital e literario. Son as propias palabras de Fina as que serven de fío condutor da exposición, ao destacar declaracións e anécdotas que ofreceu en diferentes ocasións e medios ao longo da súa carreira. Desta maneira retrátase unha autora referente da nosa literatura contemporánea que, xunto con outras compañeiras e compañeiros de xeración, asentou as bases da literatura infantil e xuvenil en galego. Tamén se presta atención ao seu traballo noutros xéneros e, especialmente, ao seu labor como mestra, oficio ao que dedicou 40 anos da súa vida e que ela mesma recoñece que estivo intimamente ligado aos seus inicios na escrita.
Dende Gálix agradecen a iniciativa do Concello de Pontevedra e consideran esta homenaxe un recoñecemento merecido que contribuirá a achegar á cidadanía a palabra e figura de Fina Casalderrey.”