Nos
meses de outubro e novembro, na Biblioteca Pública González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), con horario de apertura do centro de 8:30 a 20:30 h. de luns a venres e de 10:00 a 14:00 h. os sábados, pódese visitar a exposición itinerante sobre o Certame de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que ten o obxectivo de difundir a súa figura. A relación dos premiados nestes anos xunta un relevante ronsel da nosa poesía contemporánea. Fotografías, biografías e poemas de todos eles conforman os paneis da mostra: fotografía e texto fan que, amén de ser lidos, tamén teñan unha notable beleza visual para o espectador da exposición.
O poeta Eusebio Lorenzo Baleirón naceu na parroquia de Laíño, Dodro, en 1962. Licenciouse en Filoloxía Galega e foi profesor de ensino medio, persoa estudosa da lingua e dinámico promotor de iniciativas culturais. Publicou libros de poesía, poemas en revistas e en antoloxías, e tamén prosa: libros e artigos varios en prensa e en revistas. Morreu en 1986 e en 1988 o Concello de Dodro creou o premio de poesía que leva o seu nome.
Arquivo da categoría: Exposicións
A Coruña: presentación da exposición Lúa Coruña e posterior recital
O
martes 5 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa das Ciencias (Parque de Santa Margarita, s/n) da Coruña, preséntase a exposición de fotografías de José Caruncho Lúa Coruña. Tras a presentación da colección de fotografías, proxectaranse no Planetario algunhas das fotos e o autor comentará como se fixeron e que procuraba con esta serie de imaxes. De seguido, coa axuda do proxector do planetario, explicaranse brevemente os cambios que teñen lugar no noso satélite durante un dos seus ciclos, para acabar cunha escolma de textos literarios relacionados coa Lúa, escollidos e lidos pola escritora Estíbaliz Espinosa. O acto estará aberto ao público, até completar o aforo.
Propostas de actividades arredor da figura de Barriga Verde, pola Asociación Cultural Morreu o Demo
A
Asociación Cultural Morreu o Demo presenta a súa oferta de actividades para recuperar a memoria de Barriga Verde. Charlas, proxeccións, obradoiros e unha exposición están dispoñibles para centros de ensino, bibliotecas e todo tipo de espazos culturais.
O catálogo pódese consultar nesta ligazón, ou descargarse aquí: Catálogo Barriga Verde 2013_14.
Boqueixón: actos de inauguración da exposición Querido Balbino, o sábado 26 de outubro
O
sábado 26 de outubro, ás 17:30 horas, no Centro de Interpretación do Pico Sacro (Cachosenande, Lestedo, no en Boqueixón), o concello desta localidade e a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio convidan ao público interesado ao acto de inauguración da exposición Querido Balbino. Prégase confirmen asistencia no correo electrónico acmestremanuelgacio@gmail.com.
O programa do acto pode descargarse aquí: Exposición Querido Balbino Boqueixón
Carballo: inauguración da exposición do III Enarborar o bosque, con poesía, música e proxección audiovisual
Ferrol: inauguración da mostra Imeldo Corral, pintor das Irmandades, comisariada por Carlos L. Bernárdez
A
cuarta feira 9 de outubro, ás 20:00 horas, Fundación Novacaixagalicia de Ferrol (Praza da Constitución, s/n), inaugúrase a mostra Imeldo Corral, pintor das Irmandades, comisariada por Carlos L. Bernárdez. Poderá ser visitada até o 12 de xaneiro de 2014. Aquí pode descargarse o folleto da exposición: Imeldo Corral. Exposición comisariada por Carlos L. Bernárdez.
Lugo: inauguración da exposición Manuel Rodríguez López. Emigrante galego, poeta obreiro
O
luns 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), inaugúrase a exposición Manuel Rodríguez López. Emigrante Galego, Poeta Obreiro, que permanecerá aberta até o xoves 7 de novembro, con entrada gratuíta, e horarios de visita de luns a venres de 09:00 a 21:00 horas; sábados de 10:30 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 horas; e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
A mostra está formada por 16 paneis informativos sobre diversos aspectos relativos á vida e obra deste creador galego, do que a maior parte da súa obra viu a luz na emigración catalana.
Na inauguración está previsto Valentín García, Mario Outeiro, Xosé Manuel Mato e Carmen Basadre, ademais de Santiago Rodríguez, fillo do homenaxeado, no nome da familia, e Antonio Giz, director de Galicia Dixital, entidade que está a impulsar a difusión da vida e obra do autor paradelense, e que promove tamén a súa páxina web.
Boiro: Ramón Martínez López na memoria
Goián (Tomiño): presentación da mostra Antonio Fernández, pintor de tres mundos, comisariada por Carlos L. Bernárdez
A
sexta feira 4 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Goianés, en Goián (Tomiño), preséntase a mostra Antonio Fernández, pintor de tres mundos: Brasil, Italia e Galiza, comisariada por Carlos L. Bernárdez, e que poderá ser visitada até o 20 de outubro. Aquí pode descargase o folleto da exposición: Antonio Fernández. Pintor de tres mundos.


