Estas son algunhas das fotografías do acto en Lugo do Día de Rosalía de Castro 2023, que tivo lugar o 23 de febreiro, coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, no Parque de Rosalía de Castro, diante do busto de Rosalía. O acto contou coa lectura do Manifesto da AELG escrito por Carme Adán e a lectura pública de poemas de Rosalía. A crónica fotográfica completa pode verse aquí (grazas ás entidades colaboradoras e a Marcos López, de Viva Lugo, polas fotografías).
Arquivo da categoría: Fotografía
Vigo: presentación de Facedores de imaxes, con Vítor Vaqueiro
Ponteareas: Vítor Vaqueiro presenta Facedores de imaxes
Vigo: inauguración da mostra fotobiográfica e bibliográfica “Francisco Fernández del Riego, 1913-2010. Letras Galegas 2023”
Betanzos: presentación de Photoversia, de José Vázquez Liste e Ana Tomé
Vigo: Vítor Vaqueiro presenta Facedores de imaxes
Vigo: festa de presentación de Lugo Philadelphia, de Lois Pérez e Alba Díaz
Lugo Philadelphia, poemas e fotografías na procura dos Stones
Entrevista a Lois Pérez e Alba Díaz no Diario Cultural da Radio Galega:
“O poeta Lois Pérez e a fotógrafa Alba Díaz preséntannos Lugo Philadelphia, a crónica poética e en imaxes dunha viaxe aos Estados Unidos na procura dos Rolling Stones, con Lugo e A Terra Chá sempre presentes. Publícaa Edicións Xerais. A entrevista pode escoitarse aquí.”
A Coruña: presentación de Fonmiñá (1985-2021), de Eduardo Ochoa
O 6 de febreiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Eduardo Ochoa, estudoso e experto en fotografía, presenta o seu libro Fonmiñá (1985-2021). As persoas que asistan levarán de agasallo un exemplar do libro. O público con interese en asistir pode enviar os seus datos a través deste formulario.











