#LibrosparaSermosLibres, #LibrosAbertos

Desde a Deputación da Coruña:
“Queres un bono de 75 euros para libros en galego na libraría que elixas?
Recomenda un libro mediante un video de menos dun minuto ou unha foto coa portada do libro.
Comparte en Facebook, Twitter ou Instagram cos cancelos #LibrosAbertos e #LibrosparaSermosLibres
Até 15/06!”

“Ilustrando a Carvalho Calero”

O Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense  de Madrid resolveu pór en marcha unha iniciativa colaborativa en redes sociais para difundir o traballo de Ricardo Carvalho Calero e poder, así, festexarmos a súa figura. Aquí podes descargar a escolma de textos proposta: Escolma Ricardo Carvalho Calero.

Crónica fotográfica do Día de Rosalía de Castro en Lugo 2020

Este é o resumo fotográfico do acto do Día de Rosalía de Castro 2020 en Lugo, que tivo lugar o 24 de febreiro, organizado coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo (agradecemos as fotos deste acto). A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Pontevedra: VIII Xornadas sobre o Entroido de Galiza

Crónica fotográfica do Día de Rosalía de Castro en Vigo 2020

Este é o resumo fotográfico do acto do Día de Rosalía de Castro 2020 en Vigo, que tivo lugar o 24 de febreiro, organizada xunto á Asociación Cultural O Castro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro na Coruña 2020

Estas son algunhas das fotografías do acto do Día de Rosalía de Castro 2020 na Coruña, que tivo lugar o 24 de febreiro, organizada xunto á Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Crónica fotográfica do Paseo pola Pontevedra Literaria con MN Soutelo

Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Pontevedra Literaria con MN Soutelo, celebrado o pasado 18 de xaneiro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí (fotografías realizadas por Era Comunicación).