Estas son algunas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 12 de novembro, con Xulio López Valcárcel. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Arquivo da categoría: Fotografía
Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Eli Ríos, o 29 de outubro
Estas son algunas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 29 de outubro, con Eli Ríos. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Tes fotos coas/cos nosas/os escritoras/es? Compárteas! No novo Arquivo fotobiográfico d@s Escritoræs da @aelg
O Arquivo fotobiográfico d@s Escritoræs recompila e cataloga fotografías actuais e históricas que, baixo distintos tipos de licenzas, permite á sociedade consultar e colaborar na conservación do patrimonio fotográfico do noso sistema literario: calquera persoa poderá subir aquelas fotos do seu arquivo persoal que teñan que ver con actos literarios ou poidan axudar a completar as fotobiografías literarias das escritoras e escritores.
As achegas non se publican automaticamente senón que son sometidas a un proceso de revisión que autoriza ou non a súa inclusión; este proceso demora uns días. A AELG limítase a ofrecer un catálogo documental deste patrimonio fotográfico, e non xestiona os dereitos de reprodución, remitíndose ás licenzas que figuran en cada fotografía. Pode remitir as súas consultas a oficina@aelg.org.
Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Xosé Duncan, o 24 de setembro
Estas son algunas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 24 de setembro, con Xosé Duncan. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Ferrol: presentación da exposición de fotografías de Xurxo Lobato Airiños aires, Rosalía
Crónica da homenaxe “A Escritora na súa Terra – Letra E” a Helena Villar Janeiro
Mirarei este mar
cos ollos que hoxe inscribo nesta pedra.
Navegarei solpores en Rianxo
sen antes ter eu sido mariñeira.
A Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2016 a Helena Villar Janeiro, quen xa é Socia de Honra da AELG. Entregouselle en Rianxo o 25 de xuño, na que foi a vixésimo segunda edición desta homenaxe.
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou en 2016 á súa XXII edición recaendo na figura de Helena Villar Janeiro, que foi homenaxeada no Concello de Rianxo, a terra que ela elixiu para vivir os solpores da ría de Arousa.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe ou adopción do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe. Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Caxigueiro), a plantación dunha árbore simbólica (un loureiro elixido pola propia autora) e a colocación dun monólito conmemorativo.
Vexa aquí a crónica fotográfica completa da homenaxe (da autoría de Eduardo Castro Bal – A. C. Alexandre Bóveda – Ollo de vidro)
PROGRAMA
Paseo Marítimo no Peirao de Sete Fogas
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do loureiro (árbore simbólica da escritora)
- Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
- Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo
- Helena Villar Janeiro



Acto de entrega da “Letra E” (Escola da I República – Cuartel vello)
- Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo
- Mercedes Queixas Zas, Secretaria xeral da AELG
- Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
- Marica Campo: Laudatio
Entrega da peza escultórica do artista Caxigueiro


Intervención da homenaxeada: Resposta á laudatio por parte de Helena Villar Janeiro.

14:00 h. Xantar no Pazo de Rianxiño
Xantar de confraternidade.
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Pedro Feijoo (11 de xuño de 2016)
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Pedro Feijoo, que tivo lugar o sábado 11 de xuño. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Estíbaliz Espinosa (23 de abril de 2016)
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Estíbaliz Espinosa, que tivo lugar o pasado 23 de abril. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
























