Arquivo da categoría: Homenaxes
A Coruña: “Luísa Villalta na lembranza”
O xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras galegas, ás 19:00 h., na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, realizarase un acto de homenaxe e recoñecemento á autora homenaxeada neste 2024 Luísa Villalta na lembranza. Serán tres amigas as que repasarán a vida e a obra de Luísa: Ana Pillado, Marga do Val e Pilar García Negro.
Tres compañeiras de vida de distintas xeracións: a alumna, Ana Pillado, na casa de seus pais Pancho Pillado e Noli, Luísa recitou, tocou o violino e recibiu o empuxe para comezar a publicar; Marga do Val, a compañeira de xeración, amigas, xuntas nas páxinas de A Nosa Terra e na defensa do país, e a amiga Pilar García Negro, a primeira lectora de moitas obras de Luísa.
Este encontro terá unha duración de 1 hora. E as persoas que nos acompañedes levaredes de agasallo unha copia do poema manuscrito que Luísa escribiu en homenaxe a Alexandre Bóveda.
As persoas interesadas en asistir pode anotarse aquí.
A Coruña: Concerto das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta
Ferrol: Inaugurar o tempo da xustiza. Celebrando a Luísa Villalta
A Coruña: Homenaxe a Luísa Villalta no Teatro Colón
Antía Yáñez gaña o XXXIII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo
“Antía Yáñez, por As Regras, é a gañadora da XXXIII Edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía.
Clara Isabel Rodríguez por As pequenas guerras (terceiro premio) e Óscar Reboiras por Eivas (segundo premio) foron os finalistas.
O acto de entrega contou coa presenza do escritor Henrique Rabuñal e o trompetista Pablo Muñiz e a actuación estelar de Paty Lesta e Cristian Leggiero.
Houbo, igualmente, unha homenaxe a Luísa Villalta, coa colaboración da violinista Nuria Naya.
No acto de entrega contouse coa presenza do xurado, e en nome do mesmo Tensi Gesteira leu a seguinte valoración:
«Nesta 33ª edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía o xurado desexa valorar positivamente a calidade das obras presentadas, nas que se abordan moitas temáticas de interese social e cultural, e con moita riqueza estilística e formal.
No relativo aos relatos premiados neste ano, queremos avanzar que tratan temas de relevancia social desde un enfoque pouco habitual, o que repercute na sensación de orixinalidade das obras. Neste sentido, traén-nos a voz de vítimas da violencia e da precariedade social, conseguindo xerar unha empatía que leva as lectoras e os lectores a unha reflexión profunda e positiva sobre os dilemas expostos. Ao tempo, figura o sentido do humor como un recurso de contraste con diversas situacións de opresión, o que fornece un recurso literario de indudábel valor, á par de estruturas accionais ben resoltas e personaxes ben construídas que dan en obras de incontestábel solidez.»”
A Coruña: acto conmemorativo do Día das Letras Galegas a Luísa Villalta
Arteixo: entrega de premios do 33º Certame de narracións breves Manuel Murguía
Vídeo do coloquio con Joseba Sarrionandia, Escritor Galego Universal 2024
O venres, sexta feira, 10 de maio, a partir das 19:30 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), tivo lugar un coloquio coa presenza de Joseba Sarrionandia, acompañado por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Isaac Xubín, escritor e tradutor da súa obra ao galego.
Escritor Galego Universal 2024: Joseba Sarrionandia
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi.
Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika. É membro da Euskaltzaindia e tradutor de Eliot ou Pessoa. Ten publicado arredor de corenta títulos de narrativa, poesía, ensaio ou literatura infantil. Ademais, Sarrionandia foi un dos tradutores ao éuscaro dos clásicos da literatura galega.
Nas anteriores edicións recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó, María Teresa Horta, Mariasun Landa, José Luandino Vieira, Ana Luísa Amaral e Lydia Cacho.
O autor recollerá o seu Premio honorífico como Escritor Galego Universal, no marco da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024, que terá lugar o 11 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
O venres, sexta feira, 10 de maio, a partir das 19:30 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), terá lugar un coloquio coa presenza de Joseba Sarrionandia, acompañado por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Isaac Xubín, escritor e tradutor da súa obra ao galego.