O 24 de outubro, ás 12:00 horas, no salón de actos na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, 1), terá lugar o contacontos Contos para acabar con algún medo, a cargo de Paula Carballeira, con entrada libre até completar a capacidade da sala.
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
A Coruña: Nomeamento de Concha Blanco como Socia de Honra de Gálix 2026, o 6 de novembro
Vilalba: Miradas sobre Agustín
Verín: presentación e contacontos de A profesora Locatis, de Carmen Rivero Gallego
Lugo: Conversa con Antía Yáñez, o 22 de outubro
Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.
Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
Terán lugar estes tres encontros:
– Lugo. O 22 de outubro, ás 13:30, na Aula 29 da Facultade de Formación do Profesorado (Campus Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela: Conversa con Antía Yáñez, presentada por Rocío García-Pedreira.
– Santiago. O 2 de novembro, ás 12:00, na Aula 12 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conferencia A literatura infantoxuvenil galega e as aulas. A escrita de Xosé Neira Vilas, por Armando Requeixo, presentado por Carmen Ferreira Boo.
– Santiago. O 3 de novembro, ás 19:00, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conversa con Antía Yáñez, presentada por Marta Neira Rodríguez.
Nos tres casos, a entrada será libre até completar a capacidade.
A Coruña: presentación de A Banda da Albóndega e o segredo afundido de Areleira, de Ivana G. Abuín
Compostela: presentación de Ferramentas básicas para ser artista, de Blanca Millán
Serra de Outes: obradoiros impartidos por Cristina Carou
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2026: Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. Ramón D. Veiga: “O sorriso detrás do medo: monstros que fan cóxegas”, o 22 de outubro
A edición de 2026 do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil vai ter lugar baixo o título xeral de Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño González, Carla Míguez, María González Cerdeira e María Vázquez Fernández (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Desenvolverase os días 22 e 29 de outubro de 2026, ás 18:00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.
A inscrición é de balde e pode facerse aquí.
Está en proceso o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección.
O programa é o seguinte:
22 de outubro
Ramón D. Veiga
O sorriso detrás do medo: monstros que fan cóxegas
29 de outubro
Fina Casalderrey
A xoaniña que bebeu na folla










