Entrevista
a Carlos Negro en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): Cre que se abriu ese debate?
– Carlos Negro (CN): Espero que si. A miña idea inicial era poñerlle voz a un estado de ánimo de moita xente que está arredor da defensa da lingua, e que vén da sensación de que, por un ánimo defensivo ou polas agresións recibidas desde o poder, as actuacións son un pouco repetitivas e dirixidas á mesma parroquia. Iso crea un círculo pechado no que non hai perdas pero tampouco ganancias.
– GH: Entón, ¿non son eficaces as accións reivindicativas actuais?
– CN: Non o son fóra do círculo dos que xa teñen unha empatía co nacionalismo e coas esquerdas. Ben polos prexuízos, ben pola acción dos medios de comunicación, as mensaxes de defensa do idioma non chegan á sociedade. Proba diso é que non se recuperan falantes e que ás veces o único que chega é a mensaxe de imposición do galego, que é un absurdo. Hai que procurar un discurso máis plural, que non aparezan sempre os mesmos rostros e palabras, e buscar estratexias atractivas e máis enfocadas a un público non concienciado. Hai que ter máis empatía coa sociedade, para conectar coa xente, e menos homilía.
– GH: Di que se “rasca onde non pica”. Onde habería que rascar?
– CN: Habería que diversificar a mensaxe, porque non en todos os ámbitos sociais e xeográficos hai a mesma problemática. E, sobre todo, que o discurso sexa menos ideolóxico, de cidadán a cidadán, para que se descubra que o galego é unha riqueza e útil. (…)”
Arquivo da categoría: Lingua
Tui: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
martes 21 de xuño, ás 20:30 h., na Biblioteca Municipal de Tui (ala Félix Rodríguez. Edificio Panorámica, acceso pola traseira do edificio), preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto acompañará ao autor Ricardo Alonso.
Ana Bringas López: “A teoría poscolonial é totalmente aplicábel no contexto galego. Non hai dúbida”
Lugo: Encontro Escritor@s polo territorio
O
sábado 11 de xuño, no Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, terá lugar o Encontro Escritor@s polo Territorio, convocado por ADEGA, no que os escritores convidan a toda a cidadanía interesada a participar neste encontro, enriquecendo deste xeito o debate, e achegando novas visións dos temas tratados, ofrecendo un lugar de participación para todas aquelas persoas con inquedanzas sobre o territorio que habitan. O programa é o seguinte:
– 09:30 h. Inauguración da xornada, por Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA e Antón Bao, Vicepresidente 1º da Deputación de Lugo.
– 10:00 h. Mesa de debate: A literatura oral do territorio. Nesta mesa analizarase a literatura e tradición oral, a importancia da súa conservación, a súa defensa e o seu vencellamento ao territorio. Con Ana Carreira e Xoán Ramiro Cuba. Modera: Antonio Reigosa.
– 11:00 h. Coloquio – Debate.
– 11:30 h. Actuación do coro LUGH dirixido por Fernando García Jácome.
– 12:30 h. Mesa de debate: Os nomes do territorio. A Toponimia. Aquí abordarase o tema dos cambios producidos na Toponímia galega; cidades, pobos, parroquias….a súa deturpación e a desfeita cultural que isto supón, desde o punto de vista da Tradición Oral, a Arqueoloxía ou a Historia. Con Xulia Marqués e Gonzalo Navaza. Modera: Xosé Miranda.
– 13:30 h. Coloquio – Debate.
– 16:00 h. Mesa de debate: Cambios no uso da Cidade. Por medio da narración das experiencias vitais de tres escritores pertencentes a diferentes xeracións (1940, 1951, 1975), dos seus recordos do uso da cidade para o xogo o traballo, a vida cotiá, obteremos unha visión do cambio producido no territorio urbano nos últimos 75 anos. Con Paco Martín e María Reimóndez. Modera: Isidro Novo.
– 17:00 h. Coloquio – Debate.
– 17:30 h. Actuación de música galega.
– 18:00 h. Mesa de debate: O meu territorio na miña literatura. A través de diversos autores, faremos un percorrido polas diferentes percepcións que teñen e tiveron das cidades onde se sitúa a súa obra literaria tendo deste xeito unha visión de como se manifestan os cambios das cidades na literatura. Con Pilar García Negro e Adela Figueroa Panisse. Modera: Xurxo Souto.
– 19:00 h. Coloquio – Debate.
– 19:30 h. Conclusións e Clausura do Encontro. Os moderadores; exporán as conclusións de cada unha das mesas de debate. Posteriormente procederase á clausura do Encontro.
Reseña posterior en Galicia Hoxe.
Trintxerpe, Pasaia: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
mércores 8 de xuño, ás 20:30 h., na Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe (Euskadi Etorbieda, s/n., Pasaia), preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. Participarán Filipe Domínguez, presidente do Fato Daniel Castelao e o propio autor.
Carlos Callón: “Os discursos sobre o galego non están desfasados senón que hai institucións que non os aplican”
Carlos Negro: Queremos galego, mais… sabémolo vender?
Entrevista en Galicia Hoxe sobre o artigo de Carlos Negro publicado en Terra e Tempo.
O ILG reúne máis de 7.000 voces do galego oral
Ramón Lorenzo: “O PP non fai galeguismo cordial, o que fai é atacar a lingua”
(Xornal)