Arquivo da categoría: Música
Mondoñedo: VII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño, do 4 ao 6 de xullo
Cangas: Con dez poemas por barba, con María Lado e Lucía Aldao
O
xoves 3 de xullo, ás 00:30 horas, na Salasón de Cangas, María Lado e Lucía Aldao protagonizan Con dez poemas con barba, cabaré lírico cheo de poesía, historias e cancións e pensado para emocionar a aqueles que odian a poesía. O acto enmárcase na XXXI edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.
Sarria: presentación de A distancia do tambor, de Eva Veiga
Ordes: recital poético dentro da Festa da República Galega
Lugo: edición número 36 da revista oral O pazo das musas
O
xoves 26 de xuño, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n) terá lugar a edición número 36 da revista oral O pazo das musas, coordinada por Antonio Reigosa, cunha duración aproximada dunha hora e media.
Neste número, e por primeira vez nos case dez anos de andaina desta revista oral, decidiuse accionar o que chaman Cadeas Creativas. Unha idea para que nin os contidos nin as persoas que participan na revista fosen decididos de antemán, senón que fosen os propios actores os que elixisen aos seus acompañantes.
Así, desde un elo inicial para o que se escolleu unha persoa de renome no campo das artes (literatura, plástica, cine, teatro, narración oral, …), e outra no campo da música, desencadeouse unha fervenza de propostas. As únicas condicións ou regras consistiron en que a persoa a escoller fose de menor idade e de distinto sexo. Como resultado deste experimento van intervir neste número da revista as seguintes persoas, elixidas consonte á orde que se indica e polas persoas que as preceden:
MÚSICA:
Miro Casabella → Pilocha → Marcos Fernández Mosquera → Esperanza Iglesias → Manuel Fernández Gayol → Ana Vila Martínez.
OUTRAS ARTES:
Paco Martín → Marica Campo → Darío X. Cabana → Luz Darriba → Claudio Rodríguez Fer → Verónica Martínez.
A ilustración deste artigo é Mundos de tinta e papel, de Luz Darriba.
Vigo: “20 anos do Bravú. Vigo e A Coruña son a mesma cidade”
A Coruña: concerto-presentación de Zapatiños para Díaz Castro, de 2naFronteira
Gondomar: A Fogueira dos Versos, de Espazo Lectura
A
noite do 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración popular desta data (con comida e cacharela), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Luís Correa “Caruncho”, quen, acompañado da súa zanfona, interpretará un repertorio de música tradicional.
A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura a partir das 21:00 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida.
Lugo: recital-presentación de Tántalo e Moralla, de Yolanda López
O
venres 20 de xuño, ás 19:15 horas, na Libraría Biblos de Lugo (Rúa Salvador de Madariaga, 1, Local 4), terá lugar a presentación dos poemarios Tántalo e Moralla, de Yolanda López. No acto participan, ademais da autora, María José Fernández López, Luís Valle, Alberte Momán, Verónica Martínez Delgado, Iria López López e Ramón González (Factoría Ronsel), acompañados pola guitarra e o oboe de Saleta Rei e Josito Pérez Afonso.






