O
sábado 9 de febreiro, ás 20:30 horas, no Centro Social Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra, 11) de Vigo, preséntase Carnia Haikai, de Elvira Riveiro, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto á autora, participan Silvia Penas, Héitor Picallo e a DJ alemá Carina Posse, no que será un acto que combine a reflexión sobre os textos, o discurso arredor da xénese das ilustracións que acompañan os poemas, o recitado, a música e o vídeo.
Arquivo da categoría: Música
Santiago: After, recital de María Lado e Lucía Aldao
Lugo: presentación de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa
O
xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de San Domingo, 4), preséntase o libro O mistério da escada interior, de Adela Figueroa, publicado por Edicións do Castro. No acto, xunto á autora, participa Tareixa Campo, e estará acompañado pola música dos Frebudos.
Vigo: Con cen poemas por barba, recital de María Lado e Lucía Aldao
Oiartzun, Euskadi: homenaxe a Kontxa Murguía
O
Exmo. Concello de Oiartzun e o Fato Cultural Galego Daniel Castelao, de Pasaia, organizan unha Homenaxe a Kontxa Murgia Egaña, co seguinte programa:
– Venres, sexta feira, 22 de febreiro, 19:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Oiartzun, recital poético musicado, en éuscaro e galego: Poesía alén da fronteira, coas voces de Arantza Lete, J. A. Irigaray e Xosé Estévez, e a música de Arkaitz Miner (violín e guitarra) e Jexux Aranburu (acordeón).
– Sábado, 23 de febreiro, ás 12:00 horas, na praza de San Estevo e Sá de Falencias da Casa de Cultura da mesma poboación, ofrenda floral e homenaxe a Kontxa Murgia Egaña, coas intervencións de Asier Legorburu e Xosé Estévez. Haberá música a cargo do conxunto de Txistularis de Oiartzun e o grupo de gaiteiros “Novas Fontes”.
A Coruña: presentación de Esplendor arcano, de Ramiro Torres
O
venres 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, preséntase Esplendor arcano, de Ramiro Torres. O acto consistirá nun acto do Grupo Surrealista Galego, onde haberá un recital colectivo de poesía, aberto á participación do público presente, acompañados pola música de Karlos Barral e Alberto Laso.
Lugo: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
xoves 24 de xaneiro, ás 20:15 horas, na Librería Biblos (Rúa Salvador de Madariaga, 1, local 4) de Lugo, preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Carmen Blanco e Fran Alonso, co acompañamento musical de Carlos Arias.
A Coruña: Con dez poemas por barba, con María Lado e Lucía Aldao
Santiago: recital poético de Iman Mersal
Ferrol: presentación de Currículum oculto, de Arturo L. Regueiro
O
venres 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32), terá lugar a presentación-concerto de Currículum oculto, poemario máis CD musical, de Arturo L. Regueiro. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Luís Mosquera Camba e os músicos de Caliza Cajún: Luís Cuntín (voz), Cabe García (guitarra), Óscar Painceiras (contrabaixo) e Víctor Sánchez (clarinete).



