Do 10 ao 13 de xullo realizarase o curso de verán titulado “Cultura e Artes do Portugal Contemporâneo” na Faculdade de Filosofia da Universidade de Santiago de Compostela. Dedicará un día a cada un dos temas: audiovisuais, música, moda e artes do palco. Serán catro mulleres (especialistas nas respectivas áreas) a tratar de cada painel durante os catro días. Máis información aquí. (Instituto Camões – Galiza)
Arquivo da categoría: Música
Recital poético-musical na Coruña
Hoxe 16 de maio ás 20:00 horas, no espazo de Caixa Galicia de Juan Flórez, terá lugar un recital de poesía a cargo de Olga Patiño, Enma Pedreira, e Diego Cousillas. Lucía Aldao acompañará á guitarra.
“As horas de María”, de Paco Souto, convertido en espectáculo
“As horas de María é un espectáculo multidisciplinar onde converxe a poesía, a música e a fotografía da man de Paco Souto, Serxio Moreira e Peter Schneider.” Este espectáculo, que ten como base o libro con que Souto gañou o Premio de poesía Johan Carballeira 2006, pode ser contratado no número 675607127.
Portugalizando: Semana da cultura galega en Lisboa
Presentación en Carballo de “Palabras contadas”, de Camilo Franco
O Concello de Carballo e a Cervexaría Dublín presentan Palabras contadas, de Camilo Franco. O autor estará acompañado do músico Magín Blanco, que combinará a presentación cunha performance con música en directo. Será o mércores 9 de maio ás 20:30 na Cervexaría Dublín de Carballo (Rúa do Fomento, 25).
Poesía musicada de Marta Dacosta en Compostela
Este sábado 5, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia, estréase a peza musical Apreixar o vento, con música de Carlos Seráns e letra de Marta Dacosta. Trátase dun poema do libro Crear o Mar en Compostela e vai ser interpretado pola coral A nosa clave.
Presentación do libro de poemas “Obertura sen heroe”
O acto de presentación do libro de poemas Obertura sen heroe (gañador do 1º Premio Antón Tovar), de Yolanda López, terá lugar o vindeiro venres 16 de marzo ás 20:15 horas no Salón Nobre do Liceo de Ourense. Contará coa intervención de Marcos Valcárcel, Delfín Caseiro e a propia autora. Será ofrecido tamén un recital a cargo de Teresa Devesa e Loly Conde, acompañadas ao piano por Ángel Losada.