Desde Galaxia:
“O 11 de outubro, celebrarase, ás 11:00 h., no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa arredor de O cabaliño de buxo, de Xosé Neira Vilas, ilustrado por Belén Rodríguez Pazo.
Estarán no acto, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Enfocada á cativada, O cabaliño de buxo, ilustrada por Belén Rodríguez Pazo, está ambientada no mundo de aldea que impregna a obra de Xosé Neira Vilas. Ruliño, o protagonista, olla o mundo coa curiosidade dos nenos, tratando de comprender o porqué das cousas. Este libro, dedicado a Anisia, que ten os ollos de rapaza galega, reflicte a grandeza do pequeno, poñendo en valor a cultura propia.
A edición desta obra contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. (…)”
Arquivo da categoría: Narrativa
Tomiño: presentación de Aldea Buxán, de Francisco Álvarez Koki
O Carballiño: presentación de O club de coleccionistas de selos, de Pablo Nogueira Campo
Compostela: Poetas sen palabras. Unha charla performance sobre poesía sonora, por Xelís de Toro
Mugardos: presentación de Unha de gangsters, banda deseñada de Daniel Beiras e Santy Bernárdez, a partir dun texto de Lino Braxe
Compostela: encontro con Nélida Piñon
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Coeducamos?, con Francisco Castro, o 4 de outubro
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Coeducamos? é unha actividade coa que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Desenvolverase os martes 4, 11, 18 e 25 de outubro, sempre ás 17:00 horas, na Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense. As persoas interesadas na actividade deben inscribirse previamente cubrindo un formulario, ao que se pode acceder nesta ligazón. Está en proceso a solicitude de recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección. O programa pode descargarse aquí.
O programa previsto é o seguinte:
6 de outubro
Francisco Castro
A literatura infanil: falar dos temas “feos”
11 de outubro
Bea Gregores
Protagonistas: mulleres de conto
18 de outubro
Antonio Manuel Fraga
Bestiario diverso de personaxes normais
25 de outubro
Eva Mejuto
Álbums para entender o mundo