Arquivo da categoría: Narrativa
Andrea Maceiras: “Encántame o día que ten 25 horas”
Lugo: presentación de Lapis na noite, de Ramón Nicolás
A Guarda: presentación de Un neno na emigración, A memoria das palabras e Vasoiras Barreiro, de Francisco Álvarez Koki
Compostela: presentación de O alén dos barqueiros, de Anxo Muíños
Conversa con Xabier López sobre 900
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversa co escritor Xabier López sobre a súa obra 900, galardoada co Premio Torrente Ballester. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Vídeo da presentación de O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban, en Vigo
Carballo: presentación de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales
Emma Pedreira, gañadora do Premio Xerais de novela
Desde a Televisión de Galicia:
“Emma Pedreira, escritora. Besta do seu sangue acaba de recibir o Premio Xerais de Novela 2018. A novela propón unha revisión de xénero da figura e do mito de Blanco Romasanta. Antídoto gañou o Premio do Concello de Vilalba e Bibliópatas e fobólogos o Premio da Crítica 2017. A entrevista pode verse aquí.”
O cosmos talasocrático de Xurxo Souto
Entrevista de Daniel Salgado a Xurxo Souto en Sermos Galiza:
“Mercedes é a patroa do arrastreiro Macallás. As súas mareas, puntuadas de lecturas e mitoloxía mariña, conforman unha xeografía do mar das galegas, unha epopea obreira e unha loanza do mundo do traballo. E revindican a unidade da fachada atlántica. Eis A gran travesía de Chiruca Macallás (Xerais, 2018), o último libro de Xurxo Souto.
“É unha novela de tese, por suposto”, di, sen asomo de ironía, a Sermos Galiza, “de dúas teses, máis ben: a primeira, Vigo e A Coruña son a mesma cidade; a segunda, rescatar o papel das mulleres no mar”. E sinalar ese mar como “único futuro” para Galiza, unha talasocracia, o goberno do mar, concepto co que Souto (A Coruña, 1966) salfire de seguido o seu discurso.
A obra aparece cruzada polas obsesións do autor, tamén músico e vehemente animador cultural. “Vivimos no centro dun mito. Galiza é unha pedra chantada no océano”, afirma, “e os mitos son o sustento da realidade. Se os mitos pertencen aos homes, a realidade tamén o fará”. É por iso que a súa literatura contribúe a edificar outra mitoloxía. En que o feminino existe. Por caso, as sereas negras que veñen canda os mariñeiros senegaleses embarcados en pesqueiros galegos. Mami Watá!
Mais A gran travesía de Chiruca Macallás, cuxa protagonista está inspirada pola figura de Mercedes Peón, non é fantasía. Dunha banda, os mitos tamén son a realidade. Da outra, ao escritor preocúpalle que o seu labor axude á revelación do oculto. “Interésame a emoción e a potencia da realidade que fica tapada porque os arquetipos do que debe ser a cultura son outros”, asegura.
Os mundos que retrata este reverso de ficción de Contos do mar de Irlanda (Xerais, 2014) -o anterior libro de Souto, un auténtico documental- non resultan excesivamente frecuentados na literatura actual. Obreiros, clases populares, as subalternas. Aquelas que cantan para resistir a experiencia da explotación. “Até agora, os musicólogos rexistraran os cantos de traballo das mulleres na sega, das campesiñas, pero estamos a desenterrar os das mulleres das conserveiras, por exemplo”, indica. (…)”