Reportaxe de Xesús Fraga en La Voz de Galicia:
“Dende a súa primeira publicación en 1972, Xente ao lonxe foi reeditada en arredor de quince edicións, mais en todas o texto estaba «non pouco esfolado», segundo a advertencia do propio Eduardo Blanco Amor (1897-1979) no libro. O escritor facía así referencia sutil ás tesoiras da censura, que mutilaran un texto que consideraba un «exercicio de lingoaxe» para escribir do seu tempo: non en van a novela tivera que superar no segundo intento as reticencias dos censores franquistas, que deixaran fóra significativas pasaxes por cuestións políticas, morais e relixiosas.
Agora, máis de corenta anos despois, chega ás librerías a versión restaurada de Xente ao lonxe (Galaxia) nunha edición a cargo de Xosé Manuel Dasilva, quen tamén se ocupou de devolver o espírito orixinal a outra das grandes obras de Blanco Amor, A esmorga. Dasilva asina ademais un esclarecedor e minucioso epílogo que relata as vicisitudes da novela ante a censura e dá a clave de por que agora ve a luz esta «versión verdadeira», a diferenza do caso de A esmorga, no que se restituíu a primeira edición arxentina sen censura: «A descuberta venturosa dunha copia orixinal mecanografada, á que nos conduciu o expediente de censura da obra, onde está o texto que Blanco Amor desexou tirar do prelo e, por imperativo da censura, non puido». Hoxe en mans privadas, esta versión do orixinal foi considerada polo escritor como testamentaria, como proba a anotación autógrafa no folio de cuberta: «Original total. Tachadas nil as ouxecións da censura». (…)
A censura encargou un terceiro informe, que, malia destacar os seus «interesantes valores literarios en cuanto al enriquecimiento del idioma gallego y a la descripción de su carácter y costumbres», a consideraba «no autorizable, aunque fácilmente el autor podría revisarla». Dende Galaxia, Francisco Fernández del Riego comunícalle «con fonda mágoa e disgusto» a noticia a Blanco Amor, quen se laia do que considera unha discriminación inxusta, que exemplifica, entre outras obras, co San Camilo de Cela: «Por lo visto cuenta con bula». Aconsellado por Del Riego e Paz Andrade, un reticente Blanco Amor reformulou o texto, que acadou en decembro de 1971 a autorización da censura, malia conter aínda «blasfemias, palabras y frases obscenas, conversaciones eróticas entre muchachos sumamente atrevidas…». O censor admitía a súa benevolencia porque «la obra está en gallego y su difusión será escasa». Aparecería por fin en 1972. Dende entón, leva vendidos milleiros de exemplares. Agora, restaurada, inicia unha nova xeira.”
Arquivo da categoría: Narrativa
Agustín Fernández Paz: “A paixón por escribir non se me esgota, o que se esgota é o tempo”
Gondomar: Pere Tobaruela no Clube de Lectura Lendo Contigo, con Formig4s. Misión París
“O sábado 31 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, celébrase a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. A lectura que lemos nesta ocasión é Formig4s. Misión París, o primeiro volume da serie Formig4s, creada polo escritor Pere Tobaruela e o ilustrador Andrés Meixide, publicada por Edicións Xerais. A actividade contará coa presenza do seu autor.”
Ângelo Brea: “A ficção científica tem muitos elementos de que qualquer pessoa pode gostar, não apenas as viagens pelo espaço ou a visita a mundos desconhecidos”
Entrevista a Ângelo Brea no Portal Galego da Língua:
“(…) – Portal Galego da Língua (PGL): O que te levou a enveredar pela ficção científica [Lembranças da Terra & Outras histórias de um futuro possível]?
– Ângelo Brea (AB): O meu interesse pela ficção científica vem desde a adolescência. Naquela época lia muitíssimos romances de ficção científica, desde as novelas tipo pulp a obras de grandes romancistas, em especial os clássicos do género. Tudo o que me caía nas mãos. Obviamente, não era a minha única área de interesse, mas lembro-me daqueles romances e novelas com muito carinho, porque sem elas não teria enveredado por estes trilhos.
– PGL: Além da ficção científica, dedicas-te a narrativas de outros géneros. Que trabalhos estão na gaveta “eletrónica” e em quais estas a trabalhar agora?
– AB: Em realidade, Lembranças da Terra e outras histórias de um futuro possível foi apenas uma escolha de todos esses textos que tenho na gaveta. Para dar algo de coerência ao volume, decidi recompilar apenas os relatos de ficção científica. Para outra ocasião ficarão os relatos pertencentes a outros géneros (o histórico, o terror, a intriga, etc…). Também tenho um par de romances rematados, que aguardo poder publicar nuns anos. O primeiro é um texto ambientado na história lendária da Galiza, num tempo de heróis e de deuses, que tem como protagonista Ith, filho de Breogão, da raça dos Gaedhail. O segundo é outro romance histórico, ambientado no Egito da IV Dinastia. (…)”
Compostela: presentación de Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos
O mércores 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Berta Dávila, Iago Martínez e Víctor F. Freixanes.
Perillo, Oleiros: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
A Coruña: Xurxo Souto no programa Recendo, en CUAC FM
O martes 27 de xaneiro, no programa de radio Recendo da A. C. Alexandre Bóveda, transmitido en CUAC FM, estará como convidado Xurxo Souto, quen falará sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda, entre outros apartados, dos que destacamos a sección de Literatura, a cargo de Miguel Mato. O programa, que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 horas, pódese escoitar no 103.4 FM na comarca da Coruña, e en directo en internet, na web da emisora, pulsando o botón En directo. En diferido, pódense escoitar todos os programas xa emitidos, en Recendo blog.
Viveiro: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias
O sábado 24 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Libraría Porta da Vila de Viveiro (Rúa Pastor Díaz, 29), preséntanse Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, editado pola A. C. Caldeirón. No acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, participan, xunto aos autores, Carlos Nuevo Cal e José Pino González.
Manuscritos: Sabela González (II)
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica.