Arquivo da categoría: Narrativa
Pontevedra: presentación conxunta de Nena e o mar, de Érica Esmorís; Europa Express, de Andrea Maceiras e De remate, de Héctor Cajaraville
O
venres 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais organizan a presentación conxunta de Nena e o mar, de Érica Esmorís, Europa Express, de Andrea Maceiras e De remate, de Héctor Cajaraville. No acto, xunto ás autoras e ao autor, participan Anxo González Guerra, Daniel Landesa, Anxos Rial e Manuel Bragado.
Boiro: presentación de Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello
A Coruña: presentación de seique, de Susana Sánchez Arins
Foz: presentación de O coitelo de pedra fundida, de Francisco Antonio Vidal
Entrevista a Antón Riveiro Coello no Diario Cultural
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Antón Riveiro Coello presenta Os elefantes de Sokúrov. “Cando un escritor é capaz de lerse desde fóra é cando realmente pode acadar mellores obras, por máis que iso tampouco é matemático”. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Compostela: presentación de As últimas galerías, de Xosé María Álvarez Cáccamo
A Coruña: presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
O
xoves 26 de novembro, ás 19:30 horas, na Librería Lume (Rúa Fernando Macías, 3) da A Coruña, terá lugar a lectura, presentación e coloquio da novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Fontán, de Marcos Calveiro
Bueu: presentación de Ostrácia, de Teresa Moure
A
quinta feira 26 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu (Rúa de Eduardo Vicenti, 2), a Asociación para o Debate Ricardo Gómez Buceta organiza a presentación de Ostrácia, de Teresa Moure, publicado en Através. No acto participan, xunto á autora, Carlos Eirea e Lucía Novas.





