O
mércores 18 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase Lendo lendas, digo versos, de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, ilustrado por Xosé Cobas e publicado por Xerais.
Arquivo da categoría: Narrativa
Booktrailer de Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello
A Coruña: entrega do Premio Repsol a Marcos Calveiro
O
martes 17 de novembro, ás 20:30 horas, na sede da Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita, 17), na Coruña, Marcos Calveiro recibirá o Premio Repsol de Narrativa Breve outorgado á súa novela Fontán, publicada por Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Román Rodríguez González, Ignacio Egea Kraul, Víctor F. Freixanes e Loreto Silvoso. Ao final haberá un recital a cargo dos membros do Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Preséntase Lendo lendas, digo versos
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“As lendas en verso e en imaxes. Un libro, Lendo lendas, digo versos, de Antonio Reigosa, Antonio García Teijeiro e Xosé Cobas. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Lugo: presentación de O soño de Xoán, de Farruco Graña
O
venres 13 de novembro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), preséntase O soño de Xoán, novela de Farruco Graña, publicado por Embora.
Lalín: Xosé Duncan presenta As Crónicas de Bran e Hostal Norte
O
venres 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume de Lalín (Rúa B, 20, baixo) Xosé Duncan presenta a súa triloxía de As Crónicas de Bran e Hostal Norte, publicadas por Urco Editora. No acto, xunto ao autor, participa David Cortizo.
Sigüeiro (Oroso): presentación de Elos de cinza, de Xosé M. Lobato
No acto participa, xunto ao autor, Miro Villar.
A Estrada: presentación de seique, de Susana Sánchez Arins
A Coruña: presentación de Xeixos, de Suso Lista
O
xoves 12 de novembro, ás 19:00 horas, na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), preséntase Xeixos, de Suso Lista, publicado por Embora. No acto participa, xunto ao propio autor, o editor Miguel Toval.

