A Coruña: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto xoves 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Nova Colón (Rúa San Andrés, 112) da Coruña, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, no que estará presenta o propio autor, está enmarcado na ruta Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol sen saír da Coruña, nunha cita reencontrármonos co talento submarino de Urbano Lugrís e Antón Avilés de Taramancos. Parella prodixiosa cuxa presenza iluminou nos anos cincuenta estas rúas do centro da cidade (o poeta Antón Avilés residía nunha pensión na praza de Santa Catarina, Urbano Lugrís na propia rúa de San Andrés). Este acto quere ser tamén un adianto dos fastos do V Día Lugrís que se desenvolverá o vindeiro sábado, promovido por In Nave Civitas, Asociación O Mural e AELG, e que deixará como pegada gráfica, na veciña praza de Sellier, unha gran reprodución de dúas obras do propio pintor Urbano. Como sempre, alén da palabra, haberá toque de cornas e acordeón.

Xabier Quiroga: “Zapatillas Rotas é un retrato do noso tempo, do esencial”

EntrevistaXabier Quiroga de Cris Mosteiro Reboredo a Xabier Quiroga en Galicia Confidencial Tendencias:
“(…) – Galicia Confidencial Tendencias (GCT): Un inicio dunha produción literaria que fai que se che considere un dos autores consolidados en lingua galega.
– Xabier Quiroga (XQ): Si, teño a sorte de que as novelas que lle levo á editorial, neste caso Xerais, mas publica e se o fai é porque considera que, ao mellor, teñen o nivel necesario. Pero si, estou moi agradecido ós lectores, que teño unha especie de público, parece, que me le, outra cousa é que me compren ou non.
– GCT: Mostra deses lectores fieis son os bos resultados que está tendo o seu último libro Zapatillas rotas tanto para eles coma na crítica. Unha novela que tivo que agardar dous anos para ser publicada.
– XQ: Había case máis de dous anos que lla entregara á editorial e díxome (de publicala) pero que a tiña que poñer na súa programación, loxicamente; eu non son un primeira espada. Son un escritor un pouquiño clandestino, ando ó meu, non ando metido nos círculos literarios e iso provoca que teñan máis présa outros escritores que poden vender máis. Obviamente, unha editora é unha empresa, e tal e como están os tempos agora, que están sufrindo moito, é normal que se decantaran por outros textos. (…)
– GCT: Xabier denuncia a falta de compromiso das institucións políticas na promoción da lingua galega e na literatura escrita nela.
– XQ: Os poderes políticos, por Constitución e polo Estatuto de Autonomía, debían defender e evitar que se perda a lingua. É certo que tamén vai en funcion do que temos, dos politicos, é dicir se un politico di “é o que pide a sociedade”, entón se a sociedade pide que se supriman eses elementos que son importantes da cultura…
– GCT: Ademais, o escritor fala dese pouco interese e das mínimas axudas que existen para traducir as obras en lingua galega a outros idiomas.
– XQ: Un dos problemas que temos é, por que non se traducen máis os escritores galegos? Porque hai unha fornada de bos escritores, de boas novelas. Eu teño enviado algunha das miñas novelas a algunha editorial cunha proposta para traducila ao castelán e ninguén axuda, nin se interesa. Somos un recuncho da penincula, refuxiados en nós mesmos. Non hai axentes literarios que te coloquen. (…)”

A Coruña: presentación de Tes ata as 10, de Francisco Castro

OFrancisco Castro venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Nova Colón da Coruña (Rúa San Andrés, 112), preséntase Tes ata as 10, a nova novela de Francisco Castro, publicada en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participa Xesús Fraga.

Arteixo: presentación de Salseiros, de Suso Lista

OSuso Lista venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do candil de Arteixo (Rúa Historiador Vedía, 3), preséntase a segunda edición de Salseiros, de Suso Lista, publicado en Edicións Embora. Ao finalizar o acto, o autor asinará exemplares do libro ás persoas que o desexaren.