Arquivo da categoría: Narrativa
Dúas obras galegas entran na lista de honra do IBBY
Desde
Cultura Galega:
“A lista de honra IBBY, cosiderada unha referencia internacional na Literatura Infantil e Xuvenil, conta na súa nova edición con dúas obras editadas en Galicia. Palabras de auga, de Marcos Calveiro e publicada por Xerais, foi seleccionada dentro da modalidade de escritores. De xeito paralelo, a versión en galego que fixo para Kalandraka Carlos Acevedo dos Contos por teléfono de Gianni Rodari foi seleccionada no apartado de traducións. As dúas obras eran as únicas galegas que a Organización Española para o Libro Infantil propuxera para a lista.”
Radiocrítica do 03-02-2014, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 3 de febreiro en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión, falei con Nazaret López sobre a novela O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila (I, 00:48); o volume de artigos Coa lingua na Terra de Héitor Picallo Fuentes (I, 6:58); o relato infantoxuvenil O castañeiro de abril de Antonio Manuel Fraga (II, 00:00) e mais o poemario As lavandas adáptanse a todo erro de navegación de Ramón Neto (II, 4:59).”
ZigZag Diario: As meigas de Lupa, de María Solar
Compostela: presentación de Diario de nimiedades, de Helen E. Bertels
Vigo: presentación de Sete Caveiras, de Elena Gallego
O
xoves 6 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase Sete Caveiras, de Elena Gallego, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan César Jiménez Callaba e Manuel Bragado.
Compostela: presentación de O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila
O
xoves 6 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Anxos Sumai, Gonzalo Hermo e Arturo Ponte.
Lugo: presentación de Nunha presa de terra, de Paco Castro
O
xoves 6 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa do Saber (Campus Universitario de Lugo), preséntase a novela Nunha presa de terra, de Paco Castro, publicada en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan Lucía Medina e Darío Xohán Cabana.


