O
martes 27 de decembro, ás 21:00 horas, no Café Bar 13 (Rúa de Santa Clara) de Santiago de Compostela, preséntase o novo libro de Séchu Sende O caçador de bruxas.
Crónica posterior deste acto en Galicia Confidencial.
Arquivo da categoría: Narrativa
Bieito Iglesias: “Quizais vou un pouco contra a moda de escribir actual”
Entrevista
a Bieito Iglesias en La Voz de Galicia:
“(…) “Quizais si vou un pouco contra a moda actual de escribir, por exemplo, novela histórica ou outros xéneros que son formas de evasión do mundo actual -confesa o escritor-, aínda que iso é lexítimo igual que escribir literatura fantástica. Pero creo que tamén convén que exista literatura en conexión coa vida. Esta é a idea que teño e que me leva a introducir nos relatos o mundo cotián”.
Bieito ten escrito relato fantástico, pero na súa obra predomina o realismo, “un realismo non decimonónico” impregnado de elementos do seu “mundo histórico”. En Contos da terra da tarde hai características dos seus libros anteriores como “certas doses de humorismo, sátira e erotismo” que, aclara, “son marcas da casa, que é o que sae cando me poño a escribir”.
Non obstante, o escritor aclara que todos os problemas que están nestes contos “están vinculados á nosa realidade inmediata”. “Eu son fillo de netos de emigrantes, aínda que agora vivo a emigración doutra maneira, como inmigración”, remarca o narrador, para quen eses problemas que están en Contos da terra da tarde “son problemas contemporáneos pero non sacados dos periódicos senón tamén da miña intimidade”. Nese sentido, o tema da eutanasia presente nun dos contos, tamén pertence un pouco ao seu máis profundo. “Aínda que non sufrín un problema como Ramón Sampedro, sufrín unha poliomelite de neno e creo que podo aportar algo á análise de que sinte e vive unha persoa con limitacións físicas”. (…)”.
Vídeo da conversa de Manuel Rivas José Luis Cuerda co xornalista Manuel Jabois, no Culturgal 2011
“O escritor Manuel Rivas e o cineasta José Luis Cuerda falan co xornalista pontevedrés Manuel Jabois dos camiños de ida e volta que unen a literatura e o cine, a partir das súas experiencias con A lingua das bolboretas e Todo é silencio, a última novela de Rivas que Cuerda está rodando en Galicia. Rivas falará tamén da antoloxía de relatos O máis estraño, que ven de presentar con Xerais.” No Culturgal 2011. Vía Redelibros.
O Temple (Cambre): encontro con Manuel Rivas
O
venres 23 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería A Libreira do Temple (Rúa Luís Seoane, 2, Cambre), terá lugar un encontro con Manuel Rivas, quen asinará exemplares do seu último libro, O máis estraño, publicado en Xerais. O acto terá acompañamento musical.
Ourense: presentación de Unha troita de pé, de Silvia Bardelás
O
xoves 22 de decembro, ás 20:00 horas, no espazo do xornal dixital El Cercano (Avenida da Habana, 49, 1º D) de Ourense, preséntase a nova novela de Silvia Bardelás Unha troita de pé, publicada por Barbantesa. No acto acompañará á autora Xosé Monjardín, e haberá unha actuación musical a cargo de Cristina Pato ao piano, mentres Xan Padrón amosa as súas fotografías de New York.
As Pontes: presentación de Café só, de Anabel Alonso
O
venres 23 de decembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura das Pontes (Casa Dopeso), terá lugar a presentación da primeira obra de Anabel Alonso, Café só, libro de relatos publicado en Morgante Edicións.
Pontevedra: presentación de Verbas no ar, de Iria Morgade
O
xoves 22 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos do Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira, 10) de Pontevedra, preséntase Verbas no ar, de Iria Morgade, novela gañadora do Premio Biblos-Pazos de Galicia. O acto está coorganizado polo Ateneo e o Concello de Pontevedra.
Agustín Fernández Paz: “La necesidad de historias está inscrita en el ADN de la humanidad”
Reportaxe
sobre Agustín Fernández Paz en El País:
“A Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) le ha nacido una novela airada. “Lo puedo explicar así a posteriori, porque el proceso de escritura es un poco irracional”, explicaba ayer en Santiago durante la presentación, “pero este libro consiste en una crítica de las desfeitas causadas por el capitalismo desde la caída del Muro de Berlín”. Para atacar narrativamente la globalización neoliberal, Fantasmas de luz (Xerais) centra el foco en un operador de cabina de un viejo cine. Después de 35 años a los mandos del proyector, es despedido. “No se trata de un ensayo contra la globalización”, advirtió contra posibles deducciones apuradas el autor, “sino de una novela, crear un mundo y ponerlo en pie”. Fernández Paz, quien el pasado abril debutó en la colección de adultos de Xerais con Non hai noite tan longa, idea una estrategia en la que la economía política y la importancia de soñar se unen y “dan carne a los personajes”. “La necesidad de historias es algo inscrito en el ADN de la humanidad”, declaró, justo después de citar a Cunqueiro y su diagnóstico del ser humano como “bebedor de sueños”, a Paul Auster o una reciente columna periodística de Juan José Millás. Por la nouvelle, ilustrada con trazo figurativo por Miguelanxo Prado y acompañada de “seis tomas extra” que ramifican la trama, desfilan decenas de películas, recogidas en pequeñas sinopsis en las últimas páginas. “Los de mi generación”, se justificó, “estamos inundados de películas, pertenecemos a una época en la que el cine tenía una dimensión que ya no tiene” (…)”.
Agustín Fernández Paz: “Os parados son a materia escura”
Entrevista de Camilo Franco a
a Agustín Fernández Paz en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): No libro [Fantasmas de luz] hai dúas argumentacións para a mesma historia.
– Agustín Fernández Paz (AFP): Quería escribir sobre a desfeita que está cometendo o capitalismo desde a caída do muro de Berlín. Pero non quería escribir un ensaio, quería utilizar as ferramentas da ficción e para iso tiña que darlle corpo a unha historia con personaxes e cunha trama. Por un lado quería facer unha crítica dura do sistema, pero por outro quería explicar o moito que importan os soños e a necesidade de que nos conten historias. No cruce desas dúas intencións está a historia dun home que traballa case toda a súa vida nun cine e queda sen traballo.
– LVG: No seu libro toma corpo esa idea de que ir ao paro é un xeito de desaparecer.
– AFP: Mesturo un contexto realista cun elemento fantástico. Neste caso é que o matrimonio protagonista, tras quedar os dous no paro, comezan a volverse transparentes. Están aí pero o mundo non os ve. Ese é un dos grandes perigos desta crises, que hai xente que desaparece.
– LVG: Considera que a sociedade é demasiado pasiva diante da dureza dos cambios?
– AFP: A impresión que eu teño é que os cambios que veñan, que van vir, non chegarán só a nivel local, senón que serán cambios globais, como global é o capitalismo agora e tamén é global o deterioro da natureza. O que non chego a albiscar agora, pero que pode estar sucedendo, é que, como dicía Marx, hai varias toupas furando na actualidade e non o sabemos, e quizais esteamos só intuíndo o que está sucedendo realmente. O que si quero crer é que esa consigna de que somos o 99 % segue sendo auténtica e debe impoñerse, e que esta forma de capitalismo está condenada a desaparecer polos seus métodos. (…)”.
Agustín Fernández Paz: “He vivido como una desgracia el traslado de los cines a los centros comerciales”
Entrevista
a Agustín Fernández Paz en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FdV): ¿Dónde nace esta novela [Fantasmas de luz]?
– Agustín Fernández Paz (AFP): Lo que me ha motivado es lo que está pasando en la sociedad con el tipo de capitalismo colonizador que tenemos y las condiciones de trabajo que impone. Por otra parte, los de mi generación somos gente que nos empapamos de cine. El protagonista es un apasionado del cine pero el hilo es la precariedad laboral y el problema del paro que atraviesa toda la novela.
– FdV: También habla de la competencia depredadora.
– AFP: Es como está la sociedad actual donde los conceptos de solidaridad y cooperación no tienen excesiva buena prensa frente al individualismo y el sálvese quien pueda. El protagonista se queda sin trabajo y poco a poco se va volviendo transparente. Por otra parte, está el cine (donde trabaja y que cierra) ya que mucha gente en vez de formarse en las aulas, acabó formándose con las películas. (…)
– FdV: Usted hace poco estuvo en Guadalajara recogiendo el premio SM. ¿Cómo vivió personalmente la polémica con la TVG a la que se acusó de censurar la noticia de la concesión a usted de dicho galardón?
– AFP: La alegría interior que supuso para mí la concesión de ese premio y las muestras de cariño que recibí en México me hicieron olvidar cualquiera desconsideración anterior. Yo me quedo con muchísimas sensaciones positivas. El resto no fue nada, cosas que suceden.
– FdV: Es triste que lo traten así en su país.
– AFP: Es un tema que no tiene que ver conmigo sino con valores culturales del cine, la literatura, el teatro… que no se ven prestigiados. En otros países, promocionan las actividades artísticas de sus habitantes, pero aquí vemos que no es así.”