O
martes 18 de novembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a segunda conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre Aproximación á toponimia costeira da Península da Torre, e estará a cargo de Xurxo Souto.
Arquivo da categoría: Palestras
O Couto, Ponteceso: conferencia de Fina Casalderrey, A literatura infantil e xuvenil en Galicia
O
mércores 19 de novembro, ás 18:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso), Fina Casalderrey pronunciará a conferencia A literatura infantil e xuvenil en Galicia, dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.
Cork, Irlanda: conferencia de Isaac Xubín, About the different ways to defend a house and bury the dead
A Coruña: Simposio Víctor Said Armesto e o seu tempo (1871-1914), do 13 ao 15 de novembro
O Couto, Ponteceso: conferencia de Rosa Aneiros, A literatura galega actual
O
mércores 12 de novembro, ás 18:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso), Rosa Aneiros pronunciará a conferencia A literatura galega actual, dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.
A Coruña: conferencia Onomástica e literatura: a cidade da Coruña, por Pilar García Negro
O
martes 11 de novembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a terceira conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre Onomástica e literatura: a cidade da Coruña, e estará a cargo de Pilar García Negro.
A Coruña: A cuestión celta na Galiza, conferencia de Felipe Senén
A
terza feira 11 de novembro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Felipe Senén López Gómez falará, dentro Ciclo História, Economia e Ciências Sociais da A. C. O Facho, sobre A cuestión celta na Galiza.
Barcelona: conferencia “Literatura (pos)moderna e novela de xénero: viaxe de volta”, por Xabier López
Programa do VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os: Propostas de diálogo en tempos mestizos, o sábado 8 de novembro
O
VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os terá lugar o sábado 8 de novembro no espazo Cubo da Normal (Paseo de Ronda, 47, A Coruña), contando co apoio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración de Normal (Espazo de intervención cultural da UDC).
A entrada de balde até completar aforo.
Acceda aquí á sección Palabra Audiovisual, na que están os vídeos achegados por diversos creadores/as.
O ano 1996 a AELG botou a andar os Encontros de Escritores/as Novos/as, experimentando diversos formatos en cada edición. Nesta oitava, o lema é Propostas de diálogo en tempos mestizos.
O programa é o seguinte:
■ 11:00-12:00 h. Dramaturxia e emerxencia: propostas de diálogo para a próxima década. Rosalía Fernández e Roi Vidal. Coordina: Vanesa Sotelo.
■ 12:00-12:30 h. Coloquio.
■ 12:30-13.30 h. As outras. Os outros. Berta Dávila e Samuel Solleiro. Coordina: Mario Regueira.
■ 13:30-14:00 h. Coloquio.
■ 16:00-17:00 h. Máis alá! O futuro da poesía en tempos mestizos. Samuel L. Paris. Coordina: Gonzalo Hermo.
■ 17:00-17.30 h. Coloquio.
■ 18:00 h. Recital. Berta Dávila | Mario Regueira | Gonzalo Hermo | Rosalía Fernández Rial | Samuel L. Paris. Presenta: Alicia Fernández.
■ 19:00 h. Videoproxeccións: palabra audiovisual.
■ 20:00 h. Concerto das Ataque Escampe.






