O
venres 27 de marzo, ás 18:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar o faladoiro Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia, coa participación de María Solar, dentro do Ciclo de conferencias Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura, como parte do certame literario Inspiraciencia, que conta coa colaboración da AELG.
A historia está repleta de científicos esquecidos e de grandes xestas da ciencia cubertas pola capa da invisibilidade que tantos escritores soñaron para os seus personaxes de ficción. Os problemas da divulgación científica e a fenda entre ciencias e letras colaboran nese esquecemento. Mais, a literatura pode xurdir como un elemento rescatador da ciencia e dos científicos. Desde a Literatura infantil e xuvenil á de adultos. Asi sucede coa esquecida Isabel Zendala, a coruñesa reitora da casa de expósitos que en 1803 acompañou ao doutor Balmis na Real Expedición Filantrópica da varíola que axudou a que hoxe sexa a única enfermidade erradicada do mundo grazas a unha vacina.
Arquivo da categoría: Palestras
A Coruña: palestra Unha visión de Eduardo Pondal, por Manuel Ferreiro
A
cuarta feira 25 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, terá lugar unha palestra de Manuel Ferreiro sobre Unha visión de Eduardo Pondal, dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom da A. C. O Facho.
Compostela: palestra “Carvalho Calero: Alicerce de uma Galiza lusófona”
A
cuarta feira 25 de marzo, ás 18:30 horas, na sala de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII s/n), en colaboración coa AGAL, terá lugar unha palestra sobre a vida e a obra do profesor Ricardo Carvalho Calero coincidindo com o 25º aniversario da súa morte: “Carvalho Calero: Alicerce de uma Galiza lusófona”. Participan José Luís Rodrigues, Elvira Souto e Eduardo Sanches Maragoto.
Compostela: Ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020



Máis información e inscrición aquí.
Betanzos: conferencia de Tucho Calvo, Regresos a Betanzos
Compostela: Ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020, o 24 de marzo, 26 de maio e 16 de xuño



Máis información e inscrición aquí.




