Desde Cultura Galega:
“No ano 1968, o intelectual ourensán Xesús Ferro Couselo impartiu esta conferencia, Orixe e formación da cidade de Ourense, como parte da programación inaugural da Agrupación Cultural Auriense. A conferencia foi gravada por Carlos Guitián. Trátase do volume 8 da colección As nosas voces, publicada polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega no ano 1996.”
Arquivo da categoría: Palestras
A Coruña: conferencia Brasil, o país do presente, por Vivian Torres de Mello Rangel
A
terza feira 14 de febreiro, ás 20:00 horas, na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, terá lugar unha conferencia de Vivian Torres de Mello Rangel sobre Brasil, o país do presente. Imagens do Brasil dentro da literatura contemporânea, no ciclo Língua, Literatura, e Naçom da A. C. O Facho.
A Coruña: conferencia Johán Manuel Pintos, a súa obra poética dispersa, por Carme Ríos Panisse
O
martes 7 de febreiro, ás 20:00 horas, na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, Carme Ríos Panisse falará, dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom da Agrupaçom Cultural O Facho sobre Johán Manuel Pintos, a súa obra poética dispersa.
Vigo: conferencia Os papeis de Xosé María Álvarez Blázquez, por Xosé María Álvarez Cáccamo
O
venres 3 de febreiro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa, 2), co gallo da entrega á Fundación Penzol dos fondos da colección arquivística de Xosé María Álvarez Blázquez, terá lugar unha conferencia de Xosé María Álvarez Cáccamo titulada Os papeis de Xosé María Álvarez Blázquez. O acto de entrega será no mesmo lugar ás 12:00 horas.
Ourense: conferencia Contando a Historia, por Antón Riveiro Coello
O
venres 3 de febreiro, ás 20:15 horas, na Aula de Cultura (Rúa Lamas Carvajal, 5) do Liceo de Ourense, dentro dos Encontros Literarios: Contando historias desta entidade, Antón Riveiro Coello pronunciará a conferencia Contando a Historia. As invencións de Clío.
Ourense: conferencia Do contar da oralidade ás narracións breves de Carlos Casares, por Camiño Noia
O
xoves 2 de febreiro, ás 20:15 horas, na Aula de Cultura (Rúa Lamas Carvajal, 5) do Liceo de Ourense, dentro dos Encontros Literarios: Contando historias desta entidade, terá lugar unha conferencia de Camiño Noia baixo o título Do contar da oralidade ás narracións breves de Carlos Casares.
Vigo: conferencia Literatura angolana hoxe, por Ondjaki
Rianxo: presentación de Vivir, unha aventura irrepetíbel, de Mercedes Queixas
O
sábado
28 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, preséntase a biografía de María do Carme Kruckenberg Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, de Mercedes Queixas, publicada en Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participarán, xunto á autora, Francisco Castro e Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño. No mesmo emprazamento, ás 20:00 horas, terá lugar unha conferencia de Miguel Anxo Seixas sobre Castelao á luz de Paz Andrade.
Lugo: conferencia Saudade e galeguismo: a visión de Plácido Castro, de Miguel Ángel Martínez Quintanar
O
mércores 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, terá lugar a XIII Conferencia anual Plácido Castro, a cargo de Miguel Ángel Martínez Quintanar, que leva por título Saudade e Galeguismo: A visión de Plácido Castro.
Ramón Otero Pedrayo en América (I)
Desde Cultura Galega:
“Otero Pedrayo pronunciou esta conferencia en Bos Aires en xuño de 1959, aos postres dun banquete de celebración da colectividade galega. Trátase do segundo volume da colección As Nosas Voces, editado orixinalmente en cassette en 1993 polo Arquivo Sonoro de Galicia. A peza, de boa calidade técnica, é unha mostra excelente da impresionante oratoria de Otero Pedrayo.”
