II Bienal Literaria Internacional “De pedra e de palabra”

Terá lugar no Auditorio do CGAC do 25 ao 30 outubro 2008, con organización do Centro P.E.N. de Galicia, patrocinio do Consorcio de Santiago e colaboración de: International P.E.N., Consellería de Cultura e Deporte, USC, S. X. de Política Lingüística, CGAC, Deputación de Pontevedra, Museo do Pobo Galego, Ministerio de Cultura e NERIA.

PROGRAMA Sigue lendo

Francisco X. Fernández Naval en Culleredo e na Coruña

Francisco X. Fernández NavalO mércores día 22, ás 20,00 horas na biblioteca Uxío Novoneyra de Vilaboa-Culleredo, terá lugar un recital poético de Francisco X. Fernández Naval. Participarán no acto tamén Celestino Poza e Carlos Martínez.
O xoves día 23, ás 20,00 horas na biblioteca Miguel González-Garcés da Coruña, o escritor ofrecerá a conferencia AS CREBAS, CULTURA DO REFUGALLO DO MAR, con proxección de imaxes de Maribel Longueira.

A Coruña: Carlos Garrido Rodrigues falará sobre “Léxico galego: ingenuidades, imposturas e escándalos”

«A Agrupaçom Cultural “O Facho” de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras publicas e abertas do período 2008-09. O dia 22 de Outubro, quarta-feira (mércores), o Professor da U.V. Carlos Garrido Rodrigues falará dentro do Ciclo, Literatura e Naçom. A sua charla versará sobre “Léxico galego: ingenuidades, imposturas e escándalos”.»

A Coruña: conferencia de Camilo Nogueira

O día 8 de outubro a Agrupaçom Cultural O Facho organiza a palestra de Camilo Nogueira “Galiza e a Uniom Europeia no momento da crise”, dentro do ciclo “Repensar Galiza”. O conferencista vem de publicar em Galáxia dous livros sobre a temática: Europa. O Continente Pensado e Galiza na Unión. A Porta Atlántica.
Será ás 20:00 na Fundaçom Caixa Galicia (Cantom Grande – A Corunha). (AC O Facho).

XVI Xornadas Mar por Medio – Galiza e Portugal

Mar por Medio«Portugal foi sempre para a Galiza e para o galeguismo unha especie de ferida aberta, de Galiza do sul que medra, sae ao mar e nos deita no espello dos séculos a imaxe do que puidemos ser nas reviravoltas da historia.

Mais hoxe as cousas comezan a mudar. No galeguismo político e cultural avanza o pragmatismo e a ollada cultural mantense pero tamén dá paso a novas realidades: o espazo da euro-rexión que conformamos co norte de Portugal, as posibilidades económicas que abre para as empresas de ambas as beiras do Miño ou o achegamento real que supuxeron as novas insfraestruturas viarias son realidades ben máis actuais e interesantes do que os debates repetidos que rematan sempre en vía morta.

Mar por Medio quere ser, nese sentido, unha ferramenta útil na análise de en que medida o achegamento entre os nosos dous países é realmente posíbel no campo das industrias da cultura e da comunicación. Debatámolo, falémolo, marquemos prioridades… e despois, pasemos das palabras aos feitos. […]» (Mar por Medio)