Arquivo da categoría: Palestras
A Coruña: Mil vidas: María Casares e as pezas teatrais que marcaron unha carreira, por Ernesto Is
O 16 de novembro, ás 16:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Ernesto Is ofrecerá unha palestra baixo o título Mil vidas: María Casares e as pezas teatrais que marcaron unha carreira. As persoas interesadas poden anotarse no correo electrónico acab@mundo-r.com
Compostela: palestra de Miguel Vázquez Freire, “Diego Xelmírez: Pío Latrocinio”
Compostela: Xornada “Narrativas da nova diáspora”
A Coruña: Simposio Florencio Delgado Gurriarán, os 3 e 10 de novembro de 2022
Gondomar: faladoiros Co mar de fondo
Baio, Zas: Xornada “As múltiples pegadas de Enrique Labarta Pose”
Compostela: Encontros sobre Literatura Infantil e Xuvenil con Carlos Labraña e Carmen Ferreira, os 24 e 25 de outubro
A AELG colabora cos Encontros sobre Literatura Infantil e Xuvenil con Carlos Labraña e Carmen Ferreira, actividade da Universidade da Santiago, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Estes encontros enfócanse como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se puideron levar a cabo no seu formato habitual anterior.
Están orientados á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
Terán lugar estes tres encontros:
– O 24 de outubro, de 12:30 a 14:00 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Teatro escolar: Da escrita á representación. Lecturas dramatizadas, con Carlos Labraña.
– O 25 de outubro, de 12:30 a 14:00 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Os estereotipos femininos da narrativa oral á Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), con Carmen Ferreira.
– O 25 de outubro, de 19:00 a 20:30 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Teatro escolar: Da escrita á representación. Lecturas dramatizadas, con Carlos Labraña.
Serán presentados por Marta Neira Rodríguez.
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Coeducamos?, con Eva Mejuto, o 25 de outubro
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Coeducamos? é unha actividade coa que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Desenvolverase os martes 4, 11, 18 e 25 de outubro, sempre ás 17:00 horas, na Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense. As persoas interesadas na actividade deben inscribirse previamente cubrindo un formulario, ao que se pode acceder nesta ligazón. Está en proceso a solicitude de recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección. O programa pode descargarse aquí.
O programa previsto é o seguinte:
25 de outubro
Eva Mejuto
Álbums para entender o mundo














