Artigo
de Daniel Salgado en Nós Diario:
“Uxío Novoneyra (O Courel, 1930-Compostela, 1999) cantou o mundo onde este se chama O Courel. A súa poesía é unha intensificación máxima da atención á materia, e no Courel dos tesos cumes a materia é o mundo. Os Eidos, cuxa primeira edición data de 1955 pero que foi evoluíndo, arrequecendo, despregándose en sucesivas variantes, condensa a súa ollada. É ademais a base The Uplands: Book of the Courel and other poems, o volume traducido pola canadiana Erín Moure que leva Novoneyra ao ámbito anglosaxón. Publica a editorial estadounidense, de Texas, Veliz Books.
“Para min a poesía de Novoneyra é unha poesía con moita resonancia a esta beira do Atlántico, onde nos últimos anos falamos de ecopoetry”, explica Moure a Nós Diario vía correo electrónico, “e tamén da conexión coa terra dos pobos autóctonos”. A etiqueta ecopoesía está a adquirir fortuna crítica e editorial, en paralelo ás mobilizacións globais de alerta contra a mudanza climática. Aí encaixa Novoneyra, segundo a tradutora, aínda que nunha perspectiva máis ampla e politicamente radical: “Eses pobos autóctonos sufriron a colonización europea e seguen a reivindicar o seu dereito de vivir e de custodiar a terra, gobernarse a si mesmos fronte á destrución industrial da sociedade capitalista”.
“Moito que dicirnos”
Esta lectura exterior sobre Novoneyra abre portas críticas que exceden certos lugares comúns. “É un poeta que ten moito que dicirnos”, di Moure, “aquí tamén hai montes, tradicións e cultura popular rural. Hai traballos e hai historias. O seu minimalismo, a súa atención á palabra exacta, ofrecen riqueza ás poetas de América do Norte”. Pero fíxoo nunha lingua propia sintetizada a partir do galego do país courelao.
“Foi un reto tremendo e un pracer ao mesmo tempo crear unha voz para Novoneyra”, expón, “que leva sotaque canadiano dentro do gran mundo inglés. É unha pequena lingua, mais, como a de Novoneyra, é grande”. A invención de palabras foi unha das tácticas usada por Moure en The Uplands, “algo que non é tan difícil dado o substrato xermánico do idioma inglés”. Así foi pasando o “sentido marabilloso do ritmo, a súa música” do poeta ao universo saxón. (…)”
Arquivo da categoría: Poesía
Vilalba: acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil a Antía Yáñez
Escudeiros (Ramirás): presentación de Partituras, de Xoán Carlos Domínguez Alberte e Mercedes Queixas (adiada a outra data)
Ferrol: presentación de Onde nacen as hedras, de Ana Varela
Entrevista a Tiago Alves Costa no Zigzag da TVG
Desde
o Zigzag da Televisión de Galicia:
“Tiago Alves Costa preséntanos Žižek vai ao ginásio, publicado por Através Editora. A entrevista pode verse aquí.”
Compostela: presentación de O contaxio, de Xabier Xil Xardón
A Coruña: presentación de Poesía amorosa escollida, de Modesto Fraga
A Coruña: presentación de Onde nacen as hedras, de Ana Varela
Ourense: presentación de Tempo de xeada e orballo e Xonxa, Lupe e outras valentes, de Agustín Lorenzo Fidalgo
O
27 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Librería Eixo (Rúa Cardenal Quevedo, 36) de Ourense, terá lugar a presentación de Tempo de xeada e orballo e Xonxa, Lupe e outras valentes, de Agustín Lorenzo Fidalgo. No acto estará acompañado por Rochi Nóvoa Vázquez.






