Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: presentación de Auga de varios ríos, de Luciano Rodríguez Gómez
Lugo: presentación de Gaiola aberta, de Xoán Neira
Antonio García Teijeiro: “É moi bonito escoitar os aplausos a un libro de poesía escrito en galego”
Entrega do diploma da «Lista de Honra do IBBY 2018» a Lendo lendas, digo versos, de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa
Desde
Xerais:
“O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Cobas, recibiu o diploma que acredita a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY no ano 2018. O acto de entrega tivo lugar no marco do 36º Congreso Mundial do IBBY, celebrado en Atenas do 30 de agosto ao 1 de setembro pasados.
Cada dous anos publícase en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY, que inclúe libros de todo o mundo que se consideran sobresaíntes pola calidade dos textos, ilustracións ou traducións. Esta selección de títulos pretende dar a coñecer os libros que mellor representan a literatura actual de cada un dos países que forman parte do IBBY e recomenda a publicación noutras linguas das obras eixidas.
Os libros seleccionados formarán parte dunhas exposicións itinerantes que viaxarán ao Xapón, Rusia, os EE.UU., e á Feira do Libro Infantil Boloña 2019, para logo pasar a formar parte dos depósitos da Internationale Jugendbibliothek de Múnic.”
Outeiro de Rei: Memoria da Chaira Enteira 2018, o 8 de setembro
Compostela: homenaxe a Moncho Valcarce
Salvaterra: 32º Festival da poesia no Condado
Burela: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 1 e 2 de setembro
O
domingo 2 de setembro remata a Feira do Libro de Burela, que estará aberta na Praza da Mariña, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Sábado 1
– 19:00 h. Presentación de Senlleiras, de Antía Yáñez, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Presentación de Conserveiras de Celeiro, de Carlos Nuevo Cal.
– 21:00 h. Presentación de Hai mulleres, de Otero Regal.
Domingo 2
– 20:00 h. Presentación de Crua e Nua, libro de poemas ilustrado de Suevia Figueroa e Otto Treto.







