Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
““A visión poética é a que menos perturba os lugares de difícil acceso”. Carmen Pereiras publica na colección Os libros do loureiro o poemario Onde a alma é unha chuvia. Pode accederse á entrevista aquí.”
Arquivo da categoría: Poesía
Marta Dacosta publica o libro de poemas Na casa da avoa
Entrevista a Marta Dacosta no Diario Cultural da Radio Galega:
“Marta Dacosta Alonso publica o libro de poemas Na casa da avoa. “É un texto que toma partido e que quere construír”. Pode accederse á entrevista aquí.”
Entrevista audiovisual a Gonzalo Hermo sobre Celebración, por Estela Pan
A Coruña: recital de Elías Portela e Sjón no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda
feira 10 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Elías Portela e o poeta islandés Sjón. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos abril 2017.
Outeiro de Rei: presentación da reedición de Ritual para unha tribo capital de concello, de Manuel María
Cee: noite poética no Rock Corner Bar
Pontevedra: Festival Internacional de Poesía PontePoética 2017
Entrevista a Emma Pedreira no Zig-zag da TVG
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Pilar G. Rego entrevista no estudio a Emma Pedreira, gañadora do IV Premio Internacional de Poesía Jovellanos. A súa Lista da compra da viúva acada así a consideración do mellor poema do mundo. Ademais, a escritora acaba de publicar Bibliópatas e fobólogos, que edita Galaxia, unha colección de relatos, unha proposta literaria en que o libro, como formato cultural, ten protagonismo en si. Pode accederse á entrevista aquí.”
Lugo: lanzamento de Memória de Pés Sem Sombra, de Adela Figueroa
Pre-campaña de Versogramas
Desde Versogramas:
“O documental Versogramas está a piques de facerse realidade, pero para iso necesita aínda un pequeno empurrón.
Premendo en versogramas.com/landing podes anotarte para seres o primeiro ou a primeira en descubrir sorpresas que estamos preparando. Deixando o teu email email, poderás reservar recompensas limitadas e recibir un aviso cando a campaña de crowdfunding estea activa.
Con Versogramas queremos compartir o emocionante mundo da videopoesía, o traballo de moitos e moitas videopoetas. Queremos amosar unha nova e atractiva forma de disfrutar da poesía. E sobre todo, queremos achegar a poesía a moitos máis públicos e promover a súa lectura (ou visionado, claro!) .
Se ti tamén compartes o noso obxectivo e queres formar parte deste proxecto, participa!”