A Coruña: presentacións de Eli Ríos, Francisco A. Vidal e Uxío-Breogán Diéguez

12063388_623809494388683_1036840348208747061_n

Manifesto da NPG, por Armando Requeixo

DesdeArmando Requeixo Criticalia, de Armando Requeixo:
“Existe un lugar no mundo onde todo se derruba en lus, onde o Tempo desorballa os prados, as estrelas arden sobre o medo e o mal e treman as bágoas nos budios escuros. Existe esa xeografía escolleita por un anxo e salvada nalgún intre de amor desesperado. Existe e chámase os Vilares.
Esta terra trapaceira entretece fías de soños e palabras. Aquí o leite, o centeo e a lus da aurora nutren o berce dos poetas para que oian pacer canto hai. Por iso non causa estrañeza que no Vilariño, pé do río do Requeixo, medrase un neno capaz de domear a verba, de infundir co seu alento o drama cheo que as cousas precisan, darlles rostos pra que se conozan e palabras para que se entendan.
Ese reino de Terra Verde e Mar de Orballo é o que herdaron Mar Beres, Luz Campello, Xosé Antonio Cascudo, Fátima Fernández, Judiña de Lea e Jaki Quintela. Algúns por seren estas terras ou as contiguas as que coñeceron as súas andainas infantes e mozas, outros por radicar nestas landas a memoria do seu sangue, tamén a mandorla á que regresan sempre e mais despois.
Este sexteto non é unha xeración literaria, non precisa selo. Nin sequera é un colectivo formalmente constituído. É, iso si, un grupo que sente o vencello da terra, o urro telúrico do sangue dos devanceiros comúns, a lentor da chaira que lles agabea polo peito e os reclama para a tribo guitirica, poetas párracos, xente de ollada longa e largacío sentir, envisos nas lombas de Arxán cando o solpor oculta Lourenzo. (…)”

Compostela: recital de A cabeleira, de Claudio Rodríguez Fer

OClaudio Rodríguez Fer, Eugenio Granell e Carmen Blanco martes 6 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural), en Santiago de Compostela, o recital da obra políglota A cabeleira (Poema en 35 idiomas), de Claudio Rodríguez Fer, ilustrada por Carmen Blanco e Sara Lamas. No acto estará presente, xunto ao autor, Natalia Fernández Segarra.

Vigo: X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Afinidades electivas?, mesa redonda de poesía, con Rosa Enríquez e Teresa Moure

O1442217783371bannerXENUVigo2015 X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Afinidades electivas? é unha actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, coa que se quere achegar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
O obxectivo xeral deste ano é que o alumnado obteña unha unha panorámica subxectiva da situación dos xéneros poético, narrativo e teatral en Galicia na actualidade a través das/os súas/seus creadores/as. Na edición deste ano preténdese chegar a ese obxectivo a través da idea de que cada relator/a dea unha visión da obra (e/ou da figura pública) do/a outro/a, unha introdución subxectiva e breve sobre a súa recepción da obra da persoa compañeira de mesa, que preguntas lle suscita, para despois encetar un diálogo fluído entre relatores-as para, ao final, establecer un coloquio aberto para dar oportunidade ao alumnado de formular as súas preguntas.
A entrada é libre.

Xoves 1 de outubro ás 13:00 h.
Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Mesa redonda de Poesía.
Rosa Enríquez e Teresa Moure.

CartolinaXENUVigo2015

Taboleiro do libro galego XXXVI (setembro 2015), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Tras o período vacacional retorna a sección do “Taboleiro” a este blog. Grazas á participación destas catorce librarías colaboradoras: Libros para Soñar, Andel, Librouro, Casa del Libro e Cartabón de Vigo, O Pontillón de Moaña, Miranda de Bueu, Aira das Letras de Allariz, Lila de Lilith e Couceiro de Compostela, Biblos de Betanzos, Trama de Lugo, Suévia da Coruña e Paz de Pontevedra.

NARRATIVA
1º-. A praia dos afogados, de Domingo Villar, Galaxia, e Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, Xerais.
2º-. Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, Xerais.
3º-. A identidade fascinada, de Antonio Piñeiro, Galaxia.
4º-. Xeixos, de Suso Lista, Embora.
5º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais.
6º-. O frío azul, de Ramón Caride, Urco.
7º-. O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, Galaxia.
8º-. O ocaso da familia Portela, de Noa Pérez González, Barbantesa.
9º-. A verdade nos espellos, de Pablo Rubén Eyré, Sotelo Blanco.
10º-. Agosto de memoria e morte, de X. Fernández Leiceaga, Xerais.
11º-. Muros de aire, de An Alfaya, Xerais.

POESÍA
-. A boca da terra, de Manuel Rivas, Xerais.
2º-. Celebración, de Gonzalo Hermo, Apiario.
3º-. Bazar de traidores, de Elías Portela, PEN Club.
4º-. Unha viaxe de ruminantes, de Baia Fernández de la Torre, Deputación de Pontevedra.
5º-. Advento, de Manuel María, Fundación Manuel María.
6º-. Dominio público, de Ramón Neto, Caldeirón.

ENSAIO-TEATRO
-. O Piloto. O último guerrilleiro, de Afonso Eiré, Hércules de Edicións.
2º-. Pequenas historias para falar de emocións e sentimentos, de Julia Fernández Rodríguez, Galaxia.
3º-. Un cesto de mazás, de Montse Fajardo, autoedición.
4º-. As mulleres do monte, de José Antonio Gurriarán, Galaxia.
5º-. Nacionalismo galego aquén e alén mar, de Uxío-Breogán Diéguez, Laiovento.

XUVENIL
-. As palabras poden matar, de Marcos Calveiro, Xerais.
-. A neve interminable, de Agustín Fernández Paz, Xerais.
-. Como unha áncora, de Iria Collazo, Galaxia.
-. Dragal IV, de Elena Gallego, Xerais.
-. Non hai luz sen escuridade, de Andrea Barreira, Urco.
-. Feitizo de sangue, de Sabela González, Galaxia.
-. Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas, Xerais.

INFANTIL
-. Onde viven os monstros, de Maurice Sendak, Kalandraka (tradución de X. M. González Barreiro).
-. O valente coello que quixo soñar, de Miguel Ángel Alonso Diz – Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
-. Escarlatina, a cociñeira defunta, Ledicia Costas – Víctor Ribas, Xerais.
-. O meu pesadelo favorito, de María Solar, Galaxia.
-. Once damas atrevidas, de Oli e H. Thomassen, Kalandraka.
-. A historia de Parche, Concheiro, Os Biosbardos.

LIBROS CD-DVD
-. Alegría!, Sérgio Tannus – Luís Barbolla (ilustracións), Galaxia.
2º-. Un conto ao revés, Chuches Amil, Galaxia.
3º-. Non hai berce coma o colo, de Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Kalandraka.
4º-. Gatuxo, de Magín Blanco, Fol Música.
5º-. A nena e o grilo, Magín Blanco e Iván Prieto, OQO.

BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero V, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. Aventura no Camiño de Santiago, de Primitivo Marcos, El Patito Editorial.