Carballo: actividades do sábado 22 e domingo 23 na Praza dos Libros

Chega ao finPraza dos Libros Carballo 2015 esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que ten lugar no Xardín Municipal do 20 ao 23 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o sábado 22 e domingo 23, destacamos os seguintes:

Sábado 22
18:30 h. Concerto-presentación de A gramola gominola, publicado por Galaxia.
19:45 h. Presentación da novela O soño de Xoán, de Farruco Graña, publicado por Embora.
20:30 h. Presentación do poemario A boca da terra, de Manuel Rivas, publicado en Xerais, e recital de textos do libro. No acto o autor estará acompañado por Manuel Bragado e Patricia Blanco.

Domingo 23
18:30 h. Concerto-presentación de Un conto ao revés, de Chuches Amil, publicado por Galaxia.
19:45 h. Presentación e recital do poemario Atlántica Luz. Poesía mareira 1995-2015, de Modesto Fraga. No acto estará acompañado por Xosé Iglesias.

Foz: actos destacados da Feira do Libro do sábado 22

OFeira do Libro de Foz 2015 sábado 22 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz no seu penúltimo día (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

19:00 h. Presentación do libro De paseo con Crunia, de Cristina Corral Meilán, publicado por Embora. Ao finalizar, a autora asinará exemplares da súa obra.
19:30 h. O fotógrafo Ignacio Castro, “Nachok”, asinará exemplares do libro Entrar na casa, con poemas de Eduardo Estévez, publicado por Estaleiro, na caseta da Libraría Bahía.
20:00 h. Presentación de De punta a chicote. Dicionario de expresións mariñeiras e Traca-traco, de Paco Rivas, publicados por Edicións do Cumio. Participan, xunto ao autor, Cándido Meixide e os mariñeiros Ton de Chao e Ricardo “Ridó”.
21:00 h. David Pobra, autor de Liña azul, publicado en Xerais, conversará sobre o detective Palmeira, protagonista da súa obra.

Un crowdfunding masivo financia en Portugal un libro sobre Rosalía

DesdeRosalía de Castro Sermos Galiza:
“João Perre Viana é o autor do libro Rosalía de Castro, uma ponte no tempo, um proxecto literario que naceu nas redes sociais e que acabou editado vía unha campaña de crowdfunding, un libro totalmente desenvolvido como edición de autor, conseguindo en pouco tempo atinxir mais de 20.000 leitores em 4 idiomas diferentes. Informa deste suceso este blogue.
A historia naceu nas redes sociais a través dun blogue onde ao longo de varias semanas os primeiros capítulos do libro foram partillados de balde. O leitor acabou por inter-actuar coa historia converténdose en parte da mesma, tendo sido por exemplo responsábel pela escolla da capa ou do local do evento para o lanzamento do libro.
As redes sociais, nomedamente o Facebook, Linkedin, Pinterest, Spotify e Google+ axudaron en poucos meses a acadar unha plataforma de máis de 15 mil leitores online só en portugués, o que permitiu validar o interese dos leitores pola obra e así crear as bases para un lanzamento no formato físico. Seguindo unha liña independente o proxecto foi financiado na totalidade polos proprios leitores a través dunha campaña de crowdfunding.”

Ars dedicandi: Manuel Luís Acuña

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Fica memoria de Manuel Luis Acuña pola publicación dun único poemario: Fírgoas. Se atendemos ao colofón da obra, saíu do prelo da Editorial Nós de Ánxel Casal o 6 de setembro de 1933 e foi pronto recibida con aplauso en cabeceiras como A Nosa Terra, La Región ou Heraldo de Galicia, nalgunhas das cales o autor era tamén colaborador.
O exemplar da primeira edición que se amosa (e que reproduce a cuberta que para esta deseñou un daquela ben mozo Manuel Prego de Oliver) vai dedicado ao Seminario de Estudos Galegos, institución de prestixio á que pertencían moitos galeguistas que Acuña admiraba e dos que mesmo era correlixionario no PG, como os tamén ourensáns Risco e Otero Pedrayo ou o rianxeiro Castelao, o que xustifica o obsequioso envío do libro ao SEG. (…)”

ars_dedicandi_acuña

A Sega homenaxea Mª Victoria Moreno para visibilizar as escritoras

DesdeMaría Victoria Moreno Sermos Galiza:
“O Parque dos Gafos de Pontevedra foi o escenario do acto de homenaxe da plataforma de crítica feminista A Sega á escritora María Victoria Moreno con motivo do II Día das Galegas nas Letras. O acto comezou cun paseo literario pola beira do río Gafos até Campolongo, unha metáfora dos paseos que acotío daba a escritora homenaxeada, e continuou cun xantar popular compartido. Fontes da organización salientan que o “Tendal de María Victoria” foi o que máis interese espertou, pois neste tendal expuxeron as obras da escritora e libros con dedicatorias.
Na xornada da tarde, en que se leu o manifesto da Sega, interviñeron, entre outras, Andrea Nunes, que leu un poema escrito para a ocasión para recoller os títulos das obras da homenaxeada, Carmen Penim, que musicou dúas pezas de María Vitoria e interpretou “A xustiza pola man”. Tamén participaron Laura Cuba e As Boubas. A actuación sorpresa chegou con Mercedes Peón, que asinou o final de festa.
No remate, a sección xuvenil da Sega sorteou entre as persoas participantes a boneca coa figura da escritora doada por Actante Dorado.
O obxectivo da homenaxe que tivo lugar o sábado 15 de agosto é, principalmente, reivindicar a obra das escritoras galegas. “Queremos visibilizar as autoras nas letras, xa que até o de agora a oficialidade homenaxeou 52 homes fronte tres mulleres, xa contando Rosalía”, sinala Susana Sánchez Arins, membro da organización. “Queremos reivindicar que as mulleres escritoras existen e, xa que a oficialidade non as festexa, homenaxeámolas nós”, conclúe.”

A Fundación Uxío Novoneyra organiza un festival literario no Courel

DesdeFestival dos Eidos Fervenzas Literarias:
“A Fundación Uxío Novoneyra organiza do venres 14 de agosto ao domingo 16 de agosto o Festival dos Eidos, que terá lugar na aldea de Parada do Courel, onde está localizada a casa que foi morada do poeta Uxío Novoneyra. Serán tres días de lecturas poéticas, concertos, roteiros e cinema para celebrar a primeira edición deste festival literario, un tributo á terra que inspirou ao autor de Os Eidos. Haberá tamén obradoiros e conferencias sobre o mundo da edición e da literatura.
O Festival dos Eidos forma parte do proxecto europeo LitFest; unha iniciativa comprometida co ensino permanente (para toda a vida e para todo o mundo) a través da literatura. Un proxecto no que tamén están integrados a Fondazione Alfonso Gatto (Salerno, Italia), o festival de poesía St. Clementin Litfest (St. Clementin, Francia) e a ONG Catching Lives! (Canterbury, Reino Unido). A proposta está desenvolvida co apoio da Comisión Europea a través do Programa ERASMUS + e fai fincapé na dimensión educativa destes festivais, motivo polo que no programa a Fundación Uxío Novoneyra aposta pola formación práctica vinculada á literatura.
O Festival dos Eidos principiará o venres ás 17.00 h. cun encontro na Casa da Fonte, en Parada do Courel, casa vividoira de Uxío Novoneyra e sede da fundación que leva o seu nome. Será unha xornada de portas abertas e visita guiada. De seguido (19:00 h.) o escritor Xose Lois García pronunciará a conferencia A literatura galega no espazo da Lusofonía. Unha cea convivio na Ferreiría de Seoane e un concerto a cargo de Uxía Senlle pecharán esta primeira xornada.
A segunda xornada do Festival chega repleto de actividades, como un obradoiro de Crowdfunding para proxectos literarios, a proxección do filme A esmorga (ás 15:00 h.), diálogos poéticos (ás 18:30 h.) ou un recital de Carlos Oroza. Isto e moito máis para unha xornada que rematará co concerto de Wöyza.
O Festival dos Eidos finalizará o domingo, onde as e os asistentes poderán participar, a partires das 10.00 h., no roteiro Bico do Brelo de avistamento de paxaros seguindo os versos de Os Eidos de Novoneyra.”