Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“A Asociación Cultural Caldeirón publica o libro colectivo O desexo. A entrevista a Paco Souto pode escoitarse aquí.”
Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: entrega do XIII Premio de Poesía Afundación a Miguel Anxo Fernán-Vello
O
venres 20 de maio, ás 19:30 horas, na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8), entrégase o XIII Premio de poesía Afundación a Miguel Anxo Fernán-Vello, pola obra Duración da penumbra, presentada baixo o lema «Sombra do aire».
Confirmación de asistencia a través deste formulario de inscrición ou no teléfono 981 185 060. O premio, convocado polo Centro PEN de Galicia, conta co patrocinio de Afundación e a Xunta de Galicia.
Bruxelas: recital multilingüe en homenaxe a Manuel María
O Couto (Ponteceso): actos destacados no Festiletras o xoves 19
O
Festiletras 2016, que terá lugar na aldea do Couto (Concello de Ponteceso), terá os seguintes actos destacados no xoves 19 de maio:
– 12:00 h., na Fundación Eduardo Pondal. Homenaxe a Manuel María. Con Miguel Mato. Recital poético da mocidade, co alumnado do IES de Ponteceso.
– 17:00 h., na Casa dos Veciños. Os vellos non deben de namorarse, de Fantoches Baj.
Ponferrada: presentación de Curso de Linguística Geral, de Igor Lugris, no marco das Letras Galegas 2016
Roma: conferencia de María do Cebreiro
O
mércores 18 de maio, ás 18:00 horas, na Sala Dalí do Instituto Cervantes de Roma (Piazza Navona, 91), María do Cebreiro falará sobra a súa obra, do panorama poético galego hoxe e lerá algúns dos seus poemas. O recital está organizado polo profesor Attilio Castellucci, responsable do Centro di Studi Galeghi della Sapienza Università di Roma, en colaboración co Instituto Cervantes.
Ferrol: presentación de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón
Boiro: VI Romaría das Letras no Barbanza
Padova e Perugia, Italia: encontros literarios con María do Cebreiro
O luns 16 de maio, ás 14:30 horas, na Universidade de Padova, en Italia, María do Cebreiro participará nunha charla sobre a poesía galega.
E o martes 17 de maio, en Perugia:
Lugo: actos destacados na Feira do Libro o martes 17 e mércores 18
O
martes 17 de maio comeza a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para o martes 17 e mércores 18:
Martes 17:
– 13:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, por Nova Galicia Edicións.
– 17:00 h. Alberte Momán asinará exemplares da súa última obra, Bosquexos para unha distopía, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
– 19:00 h. Presentación do Libro O Gaiteiro de Santo Xusto, de Bruno Villamor.
– 20:00 h. Pregón a cargo de Xerardo Quintiá.
Mércores 18:
– 19:00 h. Presentación do libro-CD A música dos Carricoba, de Federico Vázquez de la Fuente, publicado por Ouvirmos.
– 20:00 h. Presentación de Cinepoemas, de Claudio Rodríguez Fer, publicado por Ouvirmos.





