
Arquivo da categoría: Poesía
Lugo: actividades destacadas na Feira do Libro o xoves 14
O
xoves 14 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h. Dentro das súas actividades, destacan:
– 19:00 h. Presentación dos libros Modelos de lingua e compromiso e A poesía oculta de Filgueira Valverde, publicados en Baía Edicións, coa presenza do encargado da edición do primeiro, Xosé Manuel Sánchez Rei, e o autor do segundo, Xosé Ramón Freixeiro Mato, xunto a Marica Campo.
– 20:00 h. Recital de poesía, presentado por Eva Xanín e José Estévez, coa participación de: Beti Arias, Evinha de la Torre, Xosé Luís Louzao, Chus Amieiro, Manuel Germade, Adela Figueroa, Ramón González, Conchita Paz, Serxio Aller, Luisa Paz, Manuel Celso Matalobos, Ana P. Croas, Jesús Trashorras, Luisa Arias, José Pedreira, Ana Vila, Paco Ledo e Iria López. A actuación musical, correrá a cargo do grupo Pandereteiras da Lúa. No mesmo acto, terá lugar a presentación do libro Xoel, do escritor José Estévez, publicado por Redelibros.
O Couto, Ponteceso: actos destacados no Festiletras o xoves 14 de maio
O
xoves 14 de maio continúa a edición de 2015 do Festiletras, cos seguintes actos literarios destacados:
– 11:00 h. Na Biblioteca Municipal, obradoiro de poesía a cargo de Yolanda Castaño.
– 20:00 h. Xurxo Souto e Pazos de Merexo (con degustación gastronómica, Taberna Agra de Mares).
Manuscritos: Uxío Novoneyra (X)
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Ánxel Fole según Maside” (1961)
A Coruña: presentación de Invenção do Mar, de Jenaro Marinhas del Valle
A
quinta feira 14 de maio, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase Invenção do Mar, de Jenaro Marinhas del Valle, publicada na Academia Galega da Língua Portuguesa. No acto participan José António Lozano, Pablo González Mariñas e António Gil Hernández.
María Neves Soutelo fálanos do poemario Nestes Días
Ribadeo: presentación de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón
O
luns 11 de maio, ás 20:30 horas, na Libraría Casa das Letras de Ribadeo (Rúa Rodríguez Murias, 8), preséntase o libro Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, publicado en Xerais, nun acto organizado pola A. C. Francisco Lanza.
Artes (Ribeira): inauguración da exposición Onde beben os cervos que amansou o calígrafo, de Baldo Ramos e Carlos G. Villar
Aveiro: presentación de Fisterras, antoloxía de poesía galega e portuguesa
O
sábado 9 de maio, ás 18:00 horas, no Café Biscoito (Rua Dom Jorge Lencastre, 7), de Aveiro (Portugal), preséntanse as antoloxías Fisterras, de poesía galega e portuguesa, coordinada por Xavier Frías Conde e Rafa Yáñez, e Mare Omnium, bilingüe catalán-portugués, editadas por Lastura.

