Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: recital de Román Raña e Tal Nitzán no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
11 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Román Raña e a poeta hebrea Tal Nitzán. Máis información aquí: Poetas di(n)versos novembro 2013.
Madrid: presentación de Silencio habitado, de Olga Patiño
A Coruña: recepción como académico de honra de Arcadio López-Casanova
O
sábado 9 de novembro, ás 12:00 horas, no salón de actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas 11, A Coruña), terá lugar a recepción como académico de honra de Arcadio López-Casanova, quen dará lectura ao discurso de ingreso: A modernidade poética de Rosalía: unha interpretación, e a quen responderá en nome da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero.
Compostela: roteiro A lírica medieval da A. C. O Galo
Vigo: edición de novembro do Círculo Poético Aberto
Non Somos Nós: “Non hai moita diferenza entre ilustrar un poema cun bolígrafo ou cunha guitarra”
Entrevista
de Ramón Blanco en Sermos Galiza:
“Hai un par de semanas botou a andar a Xira Xuntos e Revoltos, do dúo poético-musical Non Somos Nós, formado polo poeta Manuel L. Rodrigues e o músico Manuel Mariño Reino (entre eles chámanse Manuel e Manolo). O primeiro é membro do Colectivo Literario Sacou e responsábel de Acha Escrava Editora; recita versos do seu libro Antítese nativa. O segundo, antigo baixista da banda noiesa 7 LVVAS (unha das pioneiras do rock galego), pon guitarra, harmónica e voz. O resultado desta simbiose, hora e media de actuación, poderá comprobarse en diversos lugares do territorio galego (pode consultarse o calendario no seu blog). Falamos con eles poucas horas antes da segunda posta en escena, que tivo lugar en Noia, na antiga igrexa de Santa María a Nova. (…)
– Sermos Galiza: Como foron tecendo a combinación de poemas e cancións?
– Manuel Mariño: Digamos que foi Manuel quen se encargou de seleccionar os poemas afíns a cada canción, sen orde ningunha. O xeito de mesturalas coa música procuramos varialo para que non lle sexa monótono ao público (nin a nós, claro).
– Manuel L. Rodrigues: Si, e buscamos que teñan puntos temáticos comúns os poemas e as pezas musicais. (…)”
A Coruña: presentación de kleinigkeiten/cousiñas, de María Reimóndez
O
xoves 7 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Fariña (Praza de Azcárraga, 6) da Coruña, preséntase o poemario kleinigkeiten/cousiñas, de María Reimóndez, publicado por Fabulatorio. No acto, xunto á autora, participan Cibrán Rico, Suso Vázquez e Yolanda Castaño.
Pontevedra: presentación de Raíz da fenda, de Berta Dávila
O
xoves 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa Peregrina, 29) de Pontevedra, preséntase Raíz da fenda, poemario de Berta Dávila, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, que fará un agasallo a cada un dos asistentes, participa Luca de las Heras.
Vigo: presentación de Eu violei o lobo feroz, de Teresa Moure
A
quinta feira 7 de novembro, ás 20:30 horas, no Centro Social Lume de Vigo (Rúa Reiseñor, 16), preséntase Eu violei o lobo feroz, poemario de Teresa Moure, publicado en Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Rafa Vilar.



