-Has de cantar (CEIP A Pedra, Bueu)
-Campanas de Bastavales (IES Illa de Arousa)
-Campanas de Bastavales (CEIP Couceiro Freijomil, Pontedeume)
-Has de cantar (CEIP A Pedra, Bueu)
-Campanas de Bastavales (IES Illa de Arousa)
-Campanas de Bastavales (CEIP Couceiro Freijomil, Pontedeume)
O
sábado 6 de abril, ás 23:30 horas, no Pub D’Antón da Laracha, terá lugar o recital poético e musical Con dez poemas por barba, coa participación de María Lado e Lucía Aldao. O prezo da entrada é de 3 euros.
Reportaxe en Cultura Galega:
“Dentro da axenda dos afeccionados á poesía do noso país, hai unha serie de citas que xa se constituíron e clásicos. Trátase de festivais nos que se concentra un bo número de autores e que teñen no recitado o seu eixe. Desde os eventos máis veteranos e masivos, como o Festival de Poesía do Condado, ata propostas relativamente recentes, como Ponte Poética, a pluralidade de voces e o interese pola palabra falada preséntanse como eixes comúns destes encontros.
Son eventos que concentran nuns poucos días un bo feixe de recitais. Segundo os casos, a poesía falada combínase con performances, obradoiros, concertos, mostras ou videocreacións, sempre tomando a poesía como base. Malia a que se fala de que é un xénero literario para minorías no noso país existen varias destas citas, que configuran unha axenda que brilla pola súa calidade fóra das nosas fronteiras e que conta cun nutrido público. (…)
Encol da situación da poesía no país, en xeral os responsables destes eventos son optimistas. “O público aumenta cada ano”, apunta Jorge Cuña, “quizais a poesía non sexa un espectáculo de masas pero si que resulta un acontecemento fundamental na cultura”. O incremento no interese por esta arte compróbano tamén desde a organización do Festival do Condado. Lara Soto apunta que “aínda que temos un público fiel desde hai moitos anos, que se move desde todo o país para asistir, trátase en boa medida dun público que comparte a orientación política do festival, que sempre estivo atento a situación do social do seu momento. No entanto, nos últimos dous anos estamos a ver que medrou o número de xente nova que se achega e se interesa polas actividades, apoiando tanto o festival como as reivindicacións puntuais que fan desde el”. Karlotti, desde Ferrol, salienta que na actualidade “temos xente que é totalmente asombrosa, poetas que poñen a palabra a voar cara a fóra”, e salienta a cidade duns creadores que achegan unha grande calidade ao reciclado. “María Lado ou Lucía Aldao non son só poetas na escrita, teñen unha grande forza cando a len, e ese é un fenómeno moi potente en Galicia”. Coincide con el Sobral, quen sinala que no país “hai un renacemento moi grande da poesía, sobre todo por parte de mulleres novas que pegan forte como María Lado, Lucía Aldao ou Olalla Cociña. En xeral en Galicia hai unha potencia moi forte a nivel poética, e non o digo eu só Gamoneda ou García Montero alucinan con nivel da poesía que se fai aquí”.”
Dedicatoria (IES de Barro)
-Nasín cando as prantas nasen (e outros) (Colexio Baión, Ribeira)
Tamén se pode escoitar aquí este mesmo poema recitado por Kathleen March.
-Has de cantar (CEIP de Leirado, Salvaterra de Miño)
35. Eu cantar, cantar, cantei (IES Faro das Lúas, Vilanova de Arousa)
36. Sábado á noite (IES de Cotobade)
37. -Compadre, desque un vai vello (CEIP A Gándara, Narón)
32. Como chove miudiño (IES Macías o Namorado, Padrón)
33. Miña Santa Margarida (IES San Paio, Tui)
34. Alborada (CEIP Os Casais, Fene)
29. -Vente, rapasa (CEIP Portofaro, Cambre)
30. Cando a luniña aparece (IES de Barro)
31. Si a vernos, Marica, nantronte viñeras (CEIP de Randufe, Tui)
A
quinta feira 4 de abril, ás 21:30 horas locais, no Biscoito-Atelier Galeria Café de Aveiro (Rua D. Jorge Lencastre, 7), terá lugar unha lectura poética e lanzamento do libro Flutuando, de Xavier Frías Conde, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, nun acto organizado polo Grupo Poético de Aveiro.
Desde
Cultura Galega:
“”Gardados estaban, ben podo dicir que para sempre, estes versos (…), cando non sen verdadeira pena, vellos compromisos obrigáronme a xuntalos de presa”. Así inicia Rosalía de Castro as súas palabras previas á primeira edición en 1880, en La Habana, do seu libro de versos en galego Follas Novas. Desde aquela, os amantes da poesía galega de Rosalía divídense entre aqueles que prefiren Cantares gallegos ou os que se manifestan a favor de Follas Novas como a principal obra en galego de Rosalía Castro. Agora podes ti tamén entrar no debate e escoller entre os dous textos. Co gallo do Congreso Internacional Rosalía de Castro, o CCG ceibou a primeira edición, habaneira, de Follas novas (en 1880).”