Un poema contra a mina de Corcoesto

A Asociación Cultural Caldeirón de Malpica de Bergantiños promove unha publicación poético-reivindicativa para o caso da mina de ouro de Corcoesto. Para iso solicita das/dos poetas a súa colaboración cun texto poético alusivo que se pode enviar ao seguinte enderezo de correo electrónico: pacosouto@hotmail.com.
Os poemas serán publicados nun volume colectivo que será presentado nos próximos meses.
Máis información no evento creado en facebook, que pode ser consultado aquí.

Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (VIII)

21. Non che digo nada (Colexio Jaime Balmes, Noia)

22. Mais ó que ben quixo un día (CPI O Feal, Narón)

23. Castellana de Castilla (IES Miguel Ángel González Estévez, O Carril-Vilagarcía de Arousa)

Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (VII)

18. Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca (CEIP Chano Piñeiro, Gondomar)

19. Pasa, río, pasa, río (CEIP de Sobrada, Tomiño)

20. «Ora, meu meniño, ora (CEIP de Cedeira, Redondela)

Santiago: V Bienal Literaria Internacional De pedra e de palabra

O venres 15 e sábado 16 de marzo, na Aula Seminario do Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura) de Santiago de Compostela, terá lugar a V Bienal Literaria Internacional De pedra e de palabra, organizado polo Centro PEN Galicia, coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura. O programa é o seguinte:

Venres, 15 de marzo
11:30 hs.- Palabras de benvida: Xabier Castro Martínez (Director do Centro PEN Galicia).
11:45 hs.- Ramón Nicolás e Román Raña: Sobre pedras e poetas.
12:45 hs.- Massimo Saltafuso: In cammino fra le pietre della letteratura italiana. Presenta: Manuel Outeiriño.
13:30 hs.- Percorrido pola exposición Gallaecia Petrea.
17:00 hs.- Lecturas comentadas: Contan as pedras?.
Modera: Inma López Silva.
Interveñen: Clara Usón, Bieito Iglesias e Diego Ameixeiras.
18:30 hs.- Acto inaugural. Con Luís González Tosar (presidende do Centro PEN Galicia) e Jesús Vázquez Abad (Conselleiro de Cultura e Educación).
19:00 hs.- Luis Mateo Díez: Contar la vida. Presenta: Alfredo Conde.

Sábado, 16 de marzo
12:30 hs.- Músicas e palabras.
– Presentación de Sinfonía Atlántica. Antología general de la poesía gallega, edición bilingüe (Eneida, 2012). Palabras de Carlos Clementson (antólogo) e Miro Villar
– Recital poético con Xosé María Álvarez Cáccamo, Marica Campo, Manuel Forcadela, Luís González Tosar, Xulio L. Valcárcel, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xavier Seoane.
– Actuación do Grupo de música tradicional do AGADIC, formado por José Ramón Bugliot, Juan Carlos Rilo, Daniel Romero e Carlos Taboada.

Dossier de prensa sobre a presentación de Forked Tongues, coa presenza de Mercedes Queixas, en nome da AELG

O pasado xoves 28 de febreiro tivo lugar, no Café Literario do Instituto Cervantes (Lincoln House, Lincoln, Place, 2) de Dublín, Irlanda, a presentación de Forked Tongues, editado por Manuela Palacios, libro que recolle as traducións de poetas galegas, éuscaras e catalás ao inglés por poetas anglófonas. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega foi unha das entidades colaboradoras desta actividade, participando na mesma, na súa representación, Mercedes Queixas.
Posteriormente o Instituto Cervantes de Dublín, organizador do acto, elaborou este dossier de prensa, que pode ser descargado aquí: Dossier de prensa sobre Forked Tongues 28-02-2013.

Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (VI)

15. Adios, ríos; adios, fontes (CEIP Carlos Casares, Nigrán)

16. Eu ben vin estar o moucho (CEIP de Seixalbo, Ourense)

17. Airiños, airiños aires (Equipo de Dinamización Lingúística E. H. San José, Pontedeume)

Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (V)

12. Vinte unha crara noite (CEP Xosé Neira Vilas, Peitieiros-Gondomar)

13. San Antonio bendito (CEIP San Xosé Obreiro, Meicende-Arteixo)

14. Acolá enriba (CEIP A Carballeira, Lourizán-Pontevedra)

A Coruña: En conversa con… Berta Dávila

O mércores 13 de marzo, ás 17:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias de Educación da Universidade da Coruña, terá lugar En conversa con… Berta Dávila, onde a autora falará co público asistente sobre a súa poesía e creación en conversa aberta. Contará a súa experiencia coa poesía e coa literatura cando foi alumna de primaria, así amosará o seu punto de vista como mestra e como autora. Incidirá na problemática da poesía nas aulas (o seu traballo de fin de grado vai sobre educación literaria e formación do lector de poesía en primaria). Ademais lerá algúns textos. A entrada é libre e gratuíta.