(Xornal)
Arquivo da categoría: Poesía
Lois Pereiro lerase en castelán en 2011
(Xornal)
Portugal: presentacións de Noente Paradise, de Ugia Pedreira
Moaña: presentación de A porta verde do sétimo andar
O
venres 22 de outubro ás 21:30 h., na Biblioteca Pública de Quintela (Moaña), preséntase o segundo libro do colectivo A porta verde do sétimo andar, que recolle a obra de Alberte Momán, Miguel Ángel Alonso Diz, Alfonso Láuzara, Rosa Enríquez, Ana Cibeira, Maria Neves Soutelo, Manolo Pipas, Alba Méndez e Ramiro Vidal Alvarinho.
Allariz: presentación de Noente Paradise, de Ugia Pedreira
O
venres 15 de outubro, a partir das 20:30 h., na Libraría Aira das Letras de Allariz, a cantante e escritora Ugia Pedreira presenta o seu libro Noente Paradise, publicado por Através Editora, nun acto no que será acompañada por Raquel Miragaia e Marina Oural.
Culleredo: presentación de Ingrávido signo, de Pablo Bouza
O
mércores 13 de outubro ás 20:00 horas preséntase na Biblioteca de Poesía “Uxío Novoneyra” no Pazo de Vila Melania en Vilaboa (Avenida de Vilaboa, 42, Culleredo), o libro de poemas Ingrávido signo, de Pablo Bouza, publicado pola editorial Espiral Maior. Participan no acto Celestino Poza Domínguez, Miguel Anxo Fernán-Vello e Xulio López Valcárcel, acompañando ao propio autor.
A Estrada: acto de homenaxe e recordo a Xoseme (Xosé Manuel Mosquera Carbón)
O
domingo 10 de outubro celebrarase un acto de homenaxe e recordo a Xoseme (Xosé Manuel Mosquera Carbón), poeta da Estrada nacido en 1960 e morto en 1982, autor do poemario Dame a túa man, na editorial A Fouce. O programa está formado por:
18:00 h. Cemiterio de Moreira (A Estrada). Ofrenda floral e recordo. Intervención poética e execución musical a cargo do gaiteiro Xián Herrera.
19:30 h. Sala Caixanova (A Estrada):
– Saúdo, benvida e agredecemento por parte da Presidenta da AC Vagalumes Clara Iglesias.
– Proxeccíón de DVD sobre Xoseme.
– Recitado de poemas alumnos do IES nº1 da Estrada.
– Intervención de: Paulo Porta, Xoán Herrera, Amancio Liñares, Xosé Manuel Malheiro, Olimpio Arca.
– Testemuñas de amizade (compañeir@s de Xoseme).
– Intervención musical do grupo Penadona (ao que pertenceu Xoseme).
– Intervención de familiares de Xoseme.
– Intervención da Vpte da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Antía Otero.
Organizado pola Asociación Cultural Vagalumes, da Estrada.
Ribeira: presentación de Noente Paradise, por Ugia Pedreira
O
xoves 7 de outubro, a partir das 20:30 h., no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, a cantante e escritora Ugia Pedreira presenta o seu libro Noente Paradise, publicado por Através Editora. No acto participan Raquel Miragaia, representante da editorial, e Xosé Antonio Rubal como un dos responsábeis polo deseño do libro.
Vigo: Poesía de muller. Poesía feminista, con Estíbaliz Espinosa e Dores Tembrás, no V Ciclo Escritores/as na Universidade
O
V
Ciclo de mesas redondas Escritores/as na Universidade, organizado pola AELG, comeza este xoves 7 de outubro a partir das 12:00 h. no Salón de Actos da Facultade Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, coa participación de Estíbaliz Espinosa e Dores Tembrás na mesa redonda Poesía de muller. Poesía feminista, unha lectura fresca de poemas propios, con comentarios ilustrativos inclinados a aspectos que teñan que ver coa peculiar concepción das autoras sobre a relación entre literatura e loita feminista, entre poesía e muller, etc. Un encontro con escritoras nunha versión lúdica e persoal. O acto será presentado por Anxo Angueira.
Santiago: presentación de Pel con pel
O
domingo 3 de outubro, ás 17:30 h., no Centro Sociocultural das Fontiñas, en Santiago de Compostela, preséntase Pel con pel, que recolle case corenta fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactancia Materna que organizou Fedegalma e a Editorial Galaxia, acompañadas por textos literarios. No acto participan Dores Tembrás, Marta Dacosta, Begoña Caamaño, Ledicia Costas, Francisco Castro, Eduardo Estévez e Alfredo Ferreiro, autores de parte dos textos publicados neste libro, no que tamén escribiron Xosé María Álvarez Cáccamo, Román Raña, e Yolanda Castaño.