Desde a Deputación da Coruña:
“A Deputación da Coruña deu a coñecer as obras gañadoras da XX edición do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. Na categoría Infantil, o galardón recaeu na autora Pilar Ortega pola obra A bruxa Maruxa que non aturuxa, mentres que na modalidade Xuvenil o gañador foi o escritor Antonio Manuel Fraga coa obra Canguros de Marcory.
O xurado destacou da proposta de Pilar Ortega que se trata duna historia “moi divertida cunha trama moi ben construída entre a realidade e a fantasía”. O fallo puxo en valor a reinterpretación atractiva das tradicións, da música popular e da tradición oral galega, así como a súa voz narrativa crible e unha protagonista espontánea que rompe coas convencións sociais.
Pola súa banda, no texto de Antonio Manuel Fraga valorouse a súa capacidade para achegar as persoas lectoras a “unha realidade pouco coñecida a través dunha viaxe de autocoñecemento entre amigos en Costa de Marfil”, subliñando ademais “a presenza da música como fío conductor entre o pasado, o presente e o futuro dos seus personaxes”.
Esta vixésima edición do certame rexistrou un récord de participación con 84 obras recibidas, case o dobre que na anterior convocatoria, na que se presentaran 49 orixinais. Cada unha das categorías conta cunha dotación económica de 6.500 euros.
O xurado encargado do fallo estivo formado por Antía Yáñez, gañadora da pasada edición, Quique Mauricio, Montse Pena, Anxo Fariña e Ivana Gómez en representación de Galix. (…)”
Arquivo da categoría: Premios Literatura Infantil
Miguel Alonso Diz gaña o X Premio Agustín Fernández Paz co libro O derradeiro xogo do avó

O ditame do Xurado foi dado a coñecer onte sábado 24 de outubro e 2026 na GALA DE ENTREGA DO IX PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ a FRAN FERNÁNDEZ DAVILA, gañador na edición do ano pasado.
O libro gañador deste X PREMIO foi presentado por MIGUEL ALONSO DIZ co título: O DERRADEIRO XOGO DO AVÓ.
“O Xurado acordou por unanimidade salientar esta novela infantil a cal homenaxea a figura de Agustín Fernández Paz, cunha trama baseada nun xogo dos títulos dos libros de Agustín, de Xosé Neira Vilas e doutros autores da literatura galega.”
Bases do III Certame de novela infantil Jaime Olmedo Limeses
Bases do XX Certame Literario Terras de Chamoso
Bases do Premio Arume de Poesía para a Infancia 2026
Bases do XI Certame de narración breve Mestre Manuel Gacio
Bases do IX Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2026
Bases do VI Premio Literario Pinto e Maragota
Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo, Premios Xerais 2026
Raquel Castro gaña o Premio Anisia Miranda de Teatro para a infancia
Desde Cultura Galega:
“A obra Perder o norte, de Raquel Castro Martínez (Salvaterra do Miño, 1971) resultou a gañadora da quinta edición do Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas en colaboración coa Dirección Xeral de Cultura da Xunta. O xurado destacou da obra gañadora a súa proposta visual, así como o áxil ritmo dos diálogos no texto. Destacan tamén a actualidade do tema polo tratamento dos valores relacionados co medio ambiente e coa paz e tamén consideran moi positiva a presentación dos personaxes e a relación entre os nomes dos corpos celestes coa mitoloxía e as lendas. O galardón está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra na Editorial Embora. A entrega terá lugar na sede da Fundación en Gres o día 24 de maio ás 18.00 horas, nunha xornada na que tamén se presentará o libro premiado na edición do 2024. Raquel Castro é profesora de lingua galega e literatura no ensino secundario, así como presidenta e fundadora da Asociación Teatral de Alxén dende 1999.”


















