A Coruña: presentación de A poutada do Oso, de Lois Diéguez

O mércores 23 de marzo, ás 20:00 h., na sede de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia e Edicións Laiovento presentan a novela de Lois Diéguez A poutada do Oso. Esta actividade iniciarase coa proxección do dvd De Albre de espranza á Poutada do Oso. Deseguido intervirán: Felipe Castro (axente facultativo medioambiental), Francisco Pillado (director da editorial Laiovento), Felipe-Senén López (arqueólogo e museólogo), e o autor. Desde as 19:00 h., o autor asinará exemplares dos seus libros, na compaña de Felipe Senén.

Santiago: presentación de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira

O martes 22 de marzo, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Lourenzo Fernández Prieto, Manuel Bragado e o autor.

Cedeira: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón

O venres 18 de marzo, ás 19:30 h., no Palacete Municipal de Cedeira (Avenida de Castelao, s/n.), preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial e a Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá Fernando Iglesias, acompañando ao autor.

A Coruña: presentación de Ser auga, darse en auga de Bernardino Graña

O venres 18 de marzo, no Centro Social Novacaixagalicia (Avenida da Mariña, esquina Rúa Fama) da Coruña, a partir das 20:30 h., preséntase o libro Ser auga, darse en auga, de Bernardino Graña, publicado na Colección Arte de Trobar do Centro PEN Galicia. No acto intervirán Miro Villar, Xavier Seoane, Estíbaliz Espinosa e o autor. Os asistentes recibirán un exemplar do libro, agasallo de Novacaixagalicia e o Centro PEN Galicia.

Ourense: presentación de O fío da escritura, de David González Couso

O venres 18 de marzo, ás 19:45 h., no IES Otero Pedrayo (Rúa Padre Feijoo, 12) de Ourense, preséntase o libro O fío da escritura, de David González Couso, publicado en Toxosoutos. O acto contará coas intervencións de Mª do Carme Henríquez, Claudio Rodríguez Fer e o propio autor.

Santiago: presentación de Cabalos do demo e outros invertebrados, de Isidro Novo

O xoves 17 de marzo, ás 20:15 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Cabalos do demo e outros invertebrados, de Isidro Novo, publicado pola Editorial Trifolium. No acto de presentación o autor estará acompañado pola escritora Marilar Aleixandre e polo editor, Xan Arias.

A Estrada: presentación de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez

O xoves 17 de marzo, ás 20:30 h., na Sala de Exposicións de Novacaixagalicia da Estrada a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Asociación Cultural Vagalumes presentan o libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), de Francisco Rodríguez, editado pola propia AS-PG. No acto, acompañando ao autor, estará tamén Xosé Luna.

A Coruña: presentación de O cuadrilátero, de Xoán Fuentes

O xoves 17 de marzo, ás 20:00 h., na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, presentación de O cuadrilátero de Xoán Fuentes, publicado en Toxosoutos. No acto participarán, ademais do autor, Sergio Vences Fernández e David González Couso.

Vigo: presentación de Galeguismo e liberdade, de Carlos Vázquez Padín

O xoves 17 de marzo ás 19:30 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI, de Carlos Vázquez Padín, publicado en 2.0 Editora. O acto contará coa presenza de Fernando del Río e o propio autor.

Santiago: presentación de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), de Francisco Rodríguez

O mércores 16 de marzo, ás 20:00 h., no Centro Cultural Novacaixagalicia (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, a Asociación Cultural O Galo e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) presentan o libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), de Francisco Rodríguez, editado pola propia AS-PG. Crónica posterior en Xornal.

.