Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: “A India hoxe: as viaxes da viaxe”, con Cesáreo Sánchez Iglesias, o 10 de novembro
Desde a A. C. Alexandre Bóveda:
“O xoves 10 de novembro, ás 19:30 h, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, falaranos da India hoxe: as viaxes da viaxe.
Que viaxe é posible hoxe a unha cultura tan complexa e tan lonxincua. Que papel xogou o colonialismo na India actual. A sociedade actual. O hinduísmo. As relixións ateas ou non teistas. A muller na sociedade actual, unha aproximación.
Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín-Irixo, 1951) é autor dunha ampla obra, principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno. Foi director de Edicións A Nosa Terra e presidente do semanario do mesmo nome. É presidente da AELG. O seu último libro publicado é A árbore que dá as lágrimas de Shiva, en Edicións Xerais.
Se queres asistir a esta actividade, envíanos os teus datos a través deste formulario.”
Vigo: presentación de Os puntos do impacto, de Álex Mene
Vigo: presentación de Estranxeiras, de Carmen P. G. Granxeiro
Lugo: presentación de Algoritmos, de Xavier Queipo
Vigo: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
A Estrada: rolda de prensa de presentación de As filloas de Manola, de R. J. Peralta e Blanca Millán
Boiro: presentación de Atlántico Norte, chamádeme Ismael, de Xosé Iglesias
Cangas: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
Chantada: presentación de O mar vai en nós, de Xosé Lois García
O 4 de novembro, ás 20:00 horas, no Casino de Chantada, preséntase O mar vai en nós (haikais), de Xosé Lois García, lembrando os 20 anos do desastre do Prestige en 2002.