Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 8 de xullo
O 8 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Cándido Duro asina Luz do abrente outonizo, publicado por Medulia.
– 19:00 h. Silvia Penas asina O resto é céu, publicado por Urutau.
– 19:00 h. Andreia Costas asina Corazón de vaca e outras vísceras, publicado por Urutau.
– 20:00 h. Xabier Paz asina A Barcelonesa, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Xoán Antón Pérez Lema asina Quando os grupos vulneráveis são feridos, publicado por Através.
A Coruña: presentación de Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de Pilar García Negro
O 8 de xullo, ás 19:30 horas, diante da estatua de Curros Enríquez na Coruña, preséntase Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de Pilar García Negro, publicado por Alvarellos. Acompañan á autora, nesta presentación, organizada pola A. C. Alexandre Bóveda, Manuel Fernández Blanco e Henrique Alvarellos.
Compostela: Susana Sanches Arins presenta SuperUlex
Compostela: presentación de as liñas do frío, de Eduardo Estévez
Vigo: presentación de Folgos. Trobas existenciais, de Jei Noguerol
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 7 de xullo
O 7 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Rocío Viéitez Ferro asina Mociñas, de Louisa May Alcott, publicado por Laiovento.
– 19:00 h. Alberto Cunha asina Escolma aberta, publicado por Elvira.
– 19:00 h. Laura de Cáceres asina Despois da erosión, publicado por Urutau.
– 20:00 h. María Lado asina Gramo Stendhal, publicado por Apiario.
– 20:00 h. Teresa Ríos asina Non estamos preparados para medrar, publicado por Urutau.
O 15 de xullo apúntate na túa libraría ao Libroestío
Desde a Asociación Galega de Editoras:
“O xoves 15 de xullo celebraremos, en todas as librarías de Galicia, o LIBROESTÍO 2021: a festa do verán dos libros.
Cada libraría poderá organizar actividades durante esa tarde do 15 de xullo (desde presentacións de libros con escritorxs, ata música en directo, debates, faladoiros ou calquera outro evento cultural) para atraer a presenza das lectoras e lectores.
Para que a campaña chegue ao maior número de xente, precisamos colaboración e empregar as nosas ferramentas de comunicación (sitios web, redes sociais, boletíns, etc). Nesta ligazón [KIT LIBROESTÍO] podes acceder a varios formatos dos deseños para que os poidas incorporar aos teus sitios web, perfís sociais ou usalos naqueles soportes que consideres oportunos: bolsas, puntos de lectura, camisolas, cartaces, etc. Ademais de compartir este deseño, convidámoste a usar a etiqueta da campaña #libroestío nas túas publicacións nas redes sociais.
Desde a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia animámosvos a participar para consolidar esta festa do libro nos vindeiros anos. O xoves 15 de xullo queremos que sexa a gran festa do libro do verán!”





