Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 1 de xullo

O 1 de xullo comeza a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

13:00 h. Inauguración. Pregón a cargo de María Reimóndez.
19:00 h. María Reimóndez asina Cobiza e Bárbaras!, publicadas por Xerais.
19:00 h. Rena Ortega asina Bo Camiño, peregrino!, publicado por Do Cumio.
20:00 h. Arantza Portabales asina A vida secreta de Úrsula Bas, publicado por Galaxia.
20:00 h. Rompente asina Que hostia din os rumorosos?, publicado por Elvira.

“Arantza Portabales e a vida secreta de todos”

Entrevista a Arantza Portabales na revista Pincha:
“Tras a exitosa Beleza Vermella, Arantza Portabales publica A vida secreta de Úrsula Bas, unha nova aventura da explosiva parella formada polos detectives Abad e Barroso. Pero esta novela -que atrapa, madura- vai máis alá dos eternos desencontros destes dous policías composteláns. Tamén é unha reflexión da violencia sobre a muller, a soidade e o abatemento da vida cotiá.
Ano e medio despois de resolver o caso de Xiana Alén, os detectives regresan con feridas e cousas non ditas que deberán arranxar, nun difícil equilibrio entre o eido laboral e persoal.
Ana Barroso xa non é aquela moza fascinada por Santi Abad, poñendo en solfa o seu traballo, senón unha muller reivindicativa do seu espazo en todos os sentidos. Por iso non permite actitudes condescendentes ou abertamente machistas dos seus compañeiros, incluíndo ao propio Santi Abad, que deberá aprender a tratar con esta nova Ana e consigo mesmo, inmerso como está nun proceso de cambio. Ambos están a madurar, coa dor que iso supón.
A entrevista pode verse aquí.”

A Estrada: presentación de O tempo entre as mans, de Xosé Luna