Lisboa: lanzamento de Ernesto Guerra Da Cal, do exílio a galego universal, de Joel R. Gômez

AJoel Gômez Ernesto Guerra da Cal sexta feira 30 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditório da Sociedade Portuguesa de Autores (Av. Duque de Loulé, 31), de Lisboa, o Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa organiza o lanzamento de Ernesto Guerra Da Cal, do exílio a galego universal, de Joel R. Gômez, publicado por Através. No acto participan, co autor do libro, o director do CEG, Luiz Fagundes Duarte, e o presidente da Sociedade Portuguesa de Autores, José Jorge Letria.

Lugo: presentación de Terra fría, de Miguel Mato

O Miguel Matoxoves 29 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4), preséntase Terra fría, de Miguel Mato, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Eloi Caldeiro e Xavier Rodríguez Barrio.

Pontevedra: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo

OPedro Feijoo xoves 29 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Cronopios (Frei Juan Navarrete, 5) de Pontevedra, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. A xornalista de Onda Cero, Susana Pedreira, entrevistará, nun acto aberto ao público,  ao escritor

Compostela: debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza

OTempos chegados? mércores 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa do Santo Antonio, 10, baixo), de Santiago de Compostela, terá lugar un debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, libro publicado en Galaxia, nun acto organizado pola A. C. O Galo, onde intervirán Xusto Beramendi, Joám Evans Pim, José Antonio Portero Molina, Xavier Vence e Víctor F. Freixanes, quen presentará e actuará de moderador.