Pontevedra: actividades do xoves 8 na Feira do Libro

O xoves 8 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), co seguinte acto literario destacado:

20:00 h. Presentación do libro O sangue dos camiños, de Ramón Caride, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Xesús Constela.

Compostela: presentación de Politicamente incorreta, de Teresa Moure

A quinta feira, 8 de maio, ás 19:30 horas, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago (Praza de Mazarelos, s/n), preséntase Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de pressas, de Teresa Moure, publicado en Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Beatriz Suárez Briones.

O Grove: presentación de Os santos nunca dormen, de Teresa González Costa

O xoves 8 de maio, ás 20:00 horas, na Galería de Arte Besada (Rúa Concepción Arenal, 1) do Grove, preséntase Os santos nunca dormen, de Teresa González Costa, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Carlos Besada e Manuel Bragado.

Pontevedra: actividades do martes 6 e mércores 7 na Feira do Libro

O mércores 6 de maio comeza a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados, para o mércores e xoves 7:

Mércores 6
18:00 h. Presenza na feira do libro do Club de Lectura en Galego da Biblioteca Pública de Pontevedra.
18:00 h. Presentación do libro Apocalipse Z, de Manuel Loureiro, publicado por Urco Editora.

Xoves 7
18:00 h. O soño de Esther. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Actividade promovida por Nova Galicia Edicións.
19:00 h. A escritora Elvira Riveiro asinará na caseta da Libraría Paz.
20:00 h. Presentación do libro Sete Caveiras, da escritora Elena Gallego Abad, publicado por Xerais. Xunto coa autora, participará no acto Manuel Bragado.

Presentouse o II volume das Obras Completas de Bautista Álvarez

Desde Sermos Galiza (a foto provén da mesma fonte):
“Ao pé do centro de interpretación do xacemento castrexo de San Cibrao das Las, no concello ourensán de San Amaro, presentouse o sábado 3 de maio o II volume das Obras Completas de Bautista Álvarez, publicadas pola Fundación que leva o seu nome. No acto participou o histórico nacionalista, así como o museólogo Felipe Senén e a profesora e directora xeral da Fundación, Pilar García Negro.
“Aproveitando o escenario no que se desenvolveu o acto lembrei que a arqueoloxía ou a etnografía forman parte dun pasado histórico que chega até os nosos días, non son un depósito baleiro senón que forman parte do valor distintivo nacional da Galiza”, afirma García Negro sobre a súa exposición, na que afirmou que “Bautista Álvarez é un creador de ideoloxía que está inserido na mesma secuencia de pensadores de Castelao ou os irmáns Vilar Ponte”. (…)”