Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Pontevedra: actos destacados do venres 8 na Feira do Libro
O
venres 8 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
– 19:00 h. Xesús Constela asinará exemplares das súas obras na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Arantza Portabales presentará a súa novela Sobrevivindo, publicada en Galaxia. No acto estará acompañada por Xosé Monteagudo.
Vigo: presentación de Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas
O
venres 8 de abril, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas, publicado por Xerais. No acto, xunto á autora e ao ilustrador, participa Manuel Bragado.
Compostela: presentación de Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada, de Carlos Labraña
Ferrol: presentación de A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias
A
sexta feira 8 de abril, ás 20:00 horas, na Fundaçom Artábria (Travessa de Batalhons, 7), de Ferrol, preséntase A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias, publicado por Guímaro Editora. No acto, o autor estará acompañado por Maurício Castro.
Compostela: presentación do número 32 da revista Murguía
O
venres 8 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, terá lugar unha palestra-presentación do número 32 da Revista Murguía, dedicada ás Irmandades da Fala e a Galiza do seu tempo, coa intervención de Justo Beramendi e Uxío-Breogán Diéguez, director da publicación.
Santiago de Compostela: presentación de A cacería, de Amadeo Cobas
O
xoves 7 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase o libro A cacería, de Amadeo Cobas, publicado en Xerais, novela gañadora da VI Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Ribeira. No acto participa, xunto ao autor, Ánxela Gracián.
Carballo: inauguración da exposición O desexo
Pontevedra: actos destacados do xoves 7 na Feira do Libro
O
xoves 7 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
– 18:00 h. Presentación dos libros infantís O Mago de Oz e Drácula, traducidos por Tamara Aymerich, publicados por Baía Edicións.
– 19:00 h. Presentación do libro A horta sen químicos, de Xan Pouliquen, publicado por Baía Edicións.
– 19:00 h. Tamara Andrés asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Presentación de Liquidación de existencias, de Ramón Caride, publicado en Xerais. Acompañarán ao autor Xesús Constela e Manuel Bragado.



