A sexta-feira, 14 de xuño, ás 19:00 horas, no Museu da República e a Resistência (Rua Alberto de Sousa 10A, 1600-002 Lisboa, Portugal), preséntase A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vigo: presentación de As vidas de Nito, de Xabier Paz
O venres 14 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Rúa Pintor Lugrís, 10) de Vigo, preséntase As vidas de Nito, de Xabier Paz, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Iolanda Veloso e Manuel Bragado.
Ferrol: presentación de Vattene!, de Alberte Momán
A sexta feira, 14 de xuño, ás 20:30 horas, no Ateneo de Ferrol (Rúa Magdalena, 202-204), preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor, acompañado por Verónica Martínez Delgado.
Allariz: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
A sexta feira 14 de xuño, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo, 3) de Allariz, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Libraría Aira das Letras.
Arteixo: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O venres 14 de xuño, ás 21:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, participa, xunto ao autor, Xosé María Rei Lema.
Noia: presentación de Herdeiros pola forza, de Manuel Gago e Xurxo Ayán
A Coruña: presentación de Morreu o demo, acabouse a peseta
O venres 14 de xuño, ás 20:30 horas, no local da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre (Campo de Marte, s/n) da Coruña, preséntase o libro-DVD Morreu o demo, acabouse a peseta, publicado por Urco Editora, que recolle unha investigación sobre o legado de Barriga Verde. No acto, coorganizado coa Librería Sisargas, participan Anxo García e Germám Ermida, da Asociación Cultural Morreu o demo.
Betanzos: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
A quinta feira 13 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola A. C. Eira Vella, en colaboración coa Libraría Carricanta.
Ourense: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
Ourense: actividades literarias destacadas do sábado 8 e domingo 9 na Feira do Libro
O sábado 8 e domingo 9 de xuño remata a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Sábado 8
– 13:00 h. As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde. Presentación do libro-DVD Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.
– 19:00 h. Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
– 20:00 h. Presentación do libro A máscara de Ulises, de Xosé Carlos Caneiro, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participará no acto Víctor Freixanes, director da editorial.
Domingo 9
– 20:00 h. Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado por Redelibros.
– 20:30 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide, publicado por Redelibros.
A partir das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.