Ourense: actividades literarias destacadas do venres 7 na Feira do Libro

O venres 7 de xuño prosegue a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:

Venres 7
20:00 h. Presentación do libro-CD Rosalía pequeniña, de Uxía, publicado por Galaxia. No acto, Uxía, acompañada por Sergio Tannus, interpretarán algunhas pezas da obra, a autora asinará exemplares dende unha hora antes na Libraría Pedreira.
21:00 h. A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Chisco Fernández Naval, autor de A noite branca, publicado por Xerais e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicado por Galaxia. Modera o acto Manuel Outeiriño. Previamente, ambos estarán no posto da Libraría Pedreira.

Betanzos: presentación de Morreu o demo, acabouse a peseta

O venres 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Carricanta (Rúa Doutor José Fariña, 1) de Betanzos, preséntase o libro-DVD Morreu o demo, acabouse a peseta, publicado por Urco Editora, que recolle unha investigación sobre o legado de Barriga Verde. No acto participan Pedro Solla, Comba Campoy e Germám Ermida.

Ourense: actividades literarias destacadas do xoves 6 na Feira do Libro

O xoves 6 de xuño prosegue a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:

Xoves 6
19:30 h. Presentación dos libros Todo OK, de Diego Ameixeiras, e Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, publicados por Xerais. Participan no acto os autores dos libros.
20:30 h. Diálogo sobre a novela En vías de extinción de María Reimóndez, publicada por Xerais. Participan no acto Xosé María Gómez Clemente e a autora do libro. Previamente, a autora asinará exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Pedreira.

Ourense: actividades literarias destacadas do mércores 5 na Feira do Libro

O mércores 5 de xuño prosegue a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:

Mércores 5
19:30 h. Presentación do libro premiado polo Concello de Ourense. Participan no acto Ana Garrido, concelleira de Cultura, Ramón Caride Ogando, Miguel Anxo Fernán-Vello, gañador do XXVIII premio de poesía Cidade de Ourense, coa obra Habitación do asombro e Alberto Ramos, gañador do XIII premio Risco de creación literaria coa obra Todos os días.
20:30 h. O escritor Ramón Caride, presenta o seu libro Endogamia 0.2 (segunda entrega do proxecto Aktual, da colección Fóra de xogo), publicado por Xerais. Participarán Manuel Busto e o autor.

Ourense: comeza a Feira do Libro 2013

O martes 4 de xuño comeza a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:

Martes 4
18:00 h. Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por Nova Galicia Edicións.
19:00 h. Presentación do libro As pontes do ego sum, de José Manuel Ledo, publicado pola editorial Ir Indo. Participarán no acto Xelasio Suárez, director da editorial e o autor.
20:00 h. Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música de Ourense. Intervencións institucionais. Dentro da programación inaugural, actuación de María Lado e Lucía Aldao, co seu espectáculo de poesía, historias e música Con dez poemas por barba.

Santa Cruz, Oleiros: presentación de Atlas de Chaguán e Letras de Amor e Guerra

O sábado 1 de xuño, a partir das 19:00 horas, no Centro Cívico de Santa Cruz (Oleiros), preséntanse conxuntamente os libros Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez, e Letras de Amor e Guerra, de Ramiro Vidal, publicados por A porta verde do sétimo andar. No acto tamén haberá a participación musical de Miguel Alonso.

A Coruña: lanzamento de Outra Vida, de Mário Herrero

A sexta feira, 31 de maio, ás 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o poemario Outra Vida, de Mário Herrero, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participa Pedro Casteleiro.