Vigo: recital-presentación de Sétima Porta

O sábado 2 de febreiro, ás 21:00 horas, na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) de Vigo, preséntase Sétimo Andar, número 7 dos Q de Vian Cadernos, libro conmemorativo dos sete anos de existencia do colectivo, A porta verde do sétimo andar, con textos de Iolanda Aldrei, Rosa Enríquez, Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Verónica Martínez, Alfonso Láuzara, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Virgílio Liquito, e portada de Luz Beloso.

Ourense: presentación de O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride

O xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Librería La Región (Rúa do Paseo, 15) de Ourense, preséntase o libro O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Juan José Rodríguez Fernández, Manuel Bragado, o ilustrador do libro, Jaime Asensi e O Capitán Aspanitas.

Lugo: presentación de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa

O xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de San Domingo, 4), preséntase o libro O mistério da escada interior, de Adela Figueroa, publicado por Edicións do Castro. No acto, xunto á autora, participa Tareixa Campo, e estará acompañado pola música dos Frebudos.

A Coruña: presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago

O xoves 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, no local da Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules (na Biblioteca da Asociación no Campo de Marte, s/n.) da Coruña, nun acto organizado por esta entidade, a Libraría Sisargas, a Asociación de Amigos do Arqueolóxico e o Proxecto Cárcere, preséntase Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago. No mesmo, xunto aos autores, participa Xurxo Souto.

A Coruña: presentación de Banqueiros, coordinado por Francisco Pillado

O mércores 30 de xaneiro, ás 20:00 h., en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, preséntase o libro de teatro de autoría colectiva Banqueiros, publicado por Laiovento. No acto participarán o coordinador e prologuista do libro, Francisco Pillado, e un dos autores, Lino Braxe, que escenificará, xunto cos actores Manuel Varela e Juan Carlos Mejuto, a obra Inverno occidental recollida no libro.

Miño: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

O sábado 26 de xaneiro, ás 19:00 horas, no Centro Social da Rúa de Miño, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais.

Rianxo: presentación de María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, de Aurora Marco

O venres 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, a Asociación Cultural Barbantia, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, La Voz de Galicia, Edicións Laiovento, e o Concello de Rianxo convídante á saída do número 81 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, de Aurora Marco. No acto estarán presentes, xunto á autora, Francisco Pillado, Xoán Hermida, Xesús Laíño, Che Tembra e Adolfo Muíños. No mesmo acto terá lugar a proxección do vídeo Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra, de Pablo Ces. Previamente procederase á inaguración da exposición de Escultura en Ferro do rianxeiro Che Tembra.