O
mércores 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería Biblos (Rúa Salvador de Madariaga, 1, Local 4) de Lugo, preséntase o libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, do Instituto de Estudos das Identidades en edición de Manuel Blanco Desar, publicado en Xerais. No acto participan Xosé Ramón Gómez Besteiro, Xosé Manuel González Reboredo, Manuel Bragado e o editor do mesmo, Manuel Blanco Desar.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Madrid: conversa con Yolanda Castaño arredor de A segunda lingua
O
luns 15 de decembro, ás 19:30 horas, na Librería Alberti (Rúa Tutor, 57) de Madrid, terá lugar unha conversa de Yolanda Castaño con Elena Medel arredor de A segunda lingua, co gallo da publicación da edición bilingüe da obra en Visor Libros. A foto da autora é de Pedro Castro.
Compostela: presentación de ColeccionAN. 69 poemas de amor, de Alfredo Conde
O
luns 15 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Cronopios de Santiago de Compostela (Rúa Alfredo Brañas, 24), preséntase o libro de poemas ColeccionAN. 69 poemas de amor, de Alfredo Conde, publicado en Trifolium. No acto, xunto ao autor, participa Armando Requeixo.
Compostela, A Coruña e Vigo: presentacións de Porque Cuqui non quere ir á lavadora, de María Lado
Madrid: presentación de Esferografías do Grupo Bilbao e A seiva calcinada, de Alberte Momán
Rianxo: entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2014 e presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2014
Ourense: presentación de Carlos Casares. Compromiso con Galicia, de Denís Vicente Rodríguez
Pontevedra: Vermú entre libros con Pemón Bouzas, arredor de A voz do vento
A Coruña: presentación de Tes ata as 10, de Francisco Castro
O
venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Nova Colón da Coruña (Rúa San Andrés, 112), preséntase Tes ata as 10, a nova novela de Francisco Castro, publicada en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participa Xesús Fraga.


![Convite_decembro_2014 [web]](https://axendacultural.aelg.gal/wp-content/uploads/2014/12/Convite_decembro_2014-web.jpg)


